ESTE DOMINGO COMEZA A RODAR O BALÓN NA PREFERENTE NORTE SUBGRUPO A, (ASÍ SERÁ A COMPETICIÓN DOS 3 GRUPOS).

 

A hostelería pechada na sua maioría e non se permite máis ca o 50% de aforo en bares e restaurantes, e o 75% ou o 50% nas terrazas, (e nalgúns concellos todo pechado), con separación e mascarilla, que só se pode sacar para consumir. Así están as normas restrictivas segundo os concellos, afogando a un sector que da de comer directamente e indirectamente a millóns de persoas no noso país, e máis alá de Pedrafita. Pola contra si se permite que no entorno dunha portería de fútbol poida haber ata 21 persoas, nunha xogada de balón parado, sen mascarillas e sen distanzas de seguridade, e igualmente baixo unha canasta, nunha cancha de baloncesto, balonmán, etc.

Somos unha web de deportes e gústannos, pero a realidade e a balanza inclínase en favor da defensa de milleiros de negocios que están a ser afogados e que son imprescindibles.

Con todo iso temos que informar que este vindeiro domingo 21 de Marzal disputarase a primeira xornada no Subgrupo A do Grupo Norte da Preferente Norte, mentres que o resto dos Subgrupos terán que esperar ao fin de semana seguinte, o do 27-28 de Marzal.

ASÍ SERÁ :

-Participan 19 equipos que quedan repartidos en dous grupos de 6 equipos e un de 7, segundo o criterio xeográfico estudado pola RFGF,  para reducir gastos en desprazamento.

-A competición finalizará, o 27 de xuño, e a tempada dividirase en dúas fases, a primeira cunha liga regular en cada un dos subgrupos, (sempre que a situación sanitaria permita).

-Os dous primeiros clasificados de cada subgrupo conseguirán o pase para a Fase Ascenso, ao que os tres líderes de cada subgrupo arrastrarán 3 puntos e os segundos, 1.

-Esta fase de ascenso xogarase a unha volta, na que cada equipo disputará dous partidos como local e dous como visitante. e non se enfrontarán os equipos que procedan do mesmo subgrupo. Os dous primeiros alcanzarán o ascenso a Terceira División. Non haberá  descensos.

 

SUBGRUPO A

Victoria CF, San Tirso SD, Atlético Arteixo, Laracha CF, Betanzos CF, SD Sofán, Atletico Coruña Montañeros CF.

SuBGRUPO B

Xallas CF, CD Boiro, CF Noia, SD O Pino, Puebla FC e SD Dubra.

SUBGRUPO C

Club Lemos, Ribadeo FC, SD Residencia, SD Santaballés, SD Sarriana e CD Foz.

ENCONTROS PARA ESTE DOMINGO

 SUBGRUPO A

Victoria CF-San Tirso SD : Ás 17:00 no San Pedro de Visma 1,  árbitrado por Ován García.

Betanzos CF-SD Sofán : Ás 16:30 no García Hermans, árbitrado por Diego Cusset.

Atlético Arteixo-Laracha CF : Ás 12:00 no Ponte dos Brozos, árbitrado por Beatríz Cuesta.

Descansa : Atletico Coruña Montañeros CF.

 

O derbi Atlético Arteixo-Laracha CF levantou tanta expectación que o equipo arteixán sacou un comunicado no que informa aos seus siareiros da imposibilidade de atender a toda a petición de entradas :

“Ante as numerosas peticións de entradas para o domingo, sentimos comunicar, que seguindo as instrucións marcadas polo Concello de Arteixo, o partido deberá disputarse a porta pechada, podendo acceder os membros dos equipos e o trío arbitral”.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia