ESTE DOMINGO CHEGA A MUXÍA O “CAMIÑO A VELA” CON MÁIS DE 30 VELEIROS.

O Camiño a vela montando a Barca na anterior edición.

 

Pasado mañán Domingo 10 de Xullo chegará por sétima vez o Porto Deportivo “Marina Muxía” o “Sail de Way”, o “Camiño a vela”. Máis de 30 veleiros de francia e España, principal deles. 

Os primeiros sairon o 24 de Xuño do porto francés de La Rochelle, e despois de percorrer o Golfo de Vizcaia, foron facendo paradas en portos xacobeos, vascos, Asturianos e galegos, nos que se foron sumando embarcacións.

Pernoctarán en Muxía, (onde terán actos), a onde chegan dende a sua derradeira escala na Coruña, para despois poñer proa a Muros. Rematarán este peculiar Camiño Xacobeo, a pé ata Santiago, a onde teñen programado chegar o 14 de Xullo.

Este ano a “VII Sail de Way”, está adicada a Juan Sebastián Elcano, pola conmemoración da volta ao mundo.

 

O Porto Deportivo de Muxía

O pasado ano o Porto Deportivo de Muxía, “Marina Muxía”, recuperou os números prepandemia, con preto dun milleiro de barcos que amarraron nél. É o de maior tamaño da Costa da Morte, conta con en torno aos 250 amarres, tendo unha zona habituada para barcos de gran tamaño, sendo o único que pode albergar grandes barcos en toda a Costa da Morte. Xa amarrou algún barco de máis de 30 metros.

Está equipado dunhas modernas instalacións, con surtidor de combustible, duchas, tenda, internet, auga, electricidad, recollida de sólidos, e líquidos, etc…ademáis de a poucos metros contar con toda clase de servizos no pobo, incluso unha lavandaría autoservizo, as portas das propias intalacións, así coma restaurantes, farmacia, e tendas de ocio e comestibles.

-Foto : Sail the Way

-Foto : piratasdemuxia

-Texto . piratasdemuxia