ESTE DOMINGO ARRANCA A 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPO 1 CO DERBI : BERGANTIÑOS-PAIOSACO.

 

Este Domingo comeza a 2ª División Galega Feminina Grupo 1 e non podía comezar mellor, xa que o Bergantiños CF na sua terceira tempada comeza nas Eiroas recibindo aos debutante UD Paiosaco Hierros Añón que dirixe o carballés David Castro gran coñecedor de adversario e da casa pois foi xogador do clube bergantiñán.

Esta tempada o clube carballés que un ano máis dirixirá Gueli Cotelo, militará no Grupo 1º, a diferenza do pasado ano que o facía no 2º. Trala retirada do CD Orzán son 14 os equipos que forman esta liga e deles descansarán 2. O máis doado sería sortear de novo o calendario o ser os equipos pares, pero manteuse o calendario e descansan nesta xornada o Órdenes que se tiña que enfrontar ao CD Orzán e o CD Narón que lle tocaba descansar nesta xornada.

A liga que comeza este Domingo 8 de Setembro rematará o 10 de Maio do 2020, tras 30 xornadas.

O noso maior desexo de éxito para os dous equipos representantes do fútbol da “Zona Pirata”, dos que cada semana vos traeremos as crónicas dos seus encontros. O mesmo desexo de sorte para tódolos equipos que forman a liga, que disfruten do fútbol e da amizade.

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es