Este vindeiro Domingo comeza a “LXI Copa da Costa” e faino xa con poblemas. Xa o ano pasado se demostrou que é todo un erro adiantar tanto as eliminatorias xa que polo xeral tocan con mal tempo e con campos baleiros, na maioría dos casos cos que están xogando e pouco máis, e logo xa non falemos dos encontros antre semana , con equipos nos que os xogadores traballan ou están desprazados por estudos, e para remate, as eliminatorias principais chegan cos equipos xogándose moito nas ligas. Unha vez máis a planificación deixa moito que desexar, pero como o treito final é fora de serie, o ano seguinte o mesmo.
Catro encontros deberían xogarse este vindeiro Domingo 7 de Nadal, pero o final só se xogan 2 o UD Cerqueda-Ponteceso, (12:00 horas), no Xaviña de Buño, e o SCD Buño-SCD Malpica, tamén no campo oleiro, (18:00 horas). Os outros dous, o CD Nantón-Cabana queda aprazado o ter que xogar o CD Nantón o encontro suspedido da semana pasada da 3ª da Costa no que os nantoneses debían visitar ao CF Muxía “B”, que fora suspendido tralo grave accidente de moto do xogador nantonés, Maikel, que gracias a Deus vaise recuperando tras estar en estado grave. O choque de liga da Arliña, (Muxía). xogarase mañán sábado a partires das 16:00 horas.
Tampouco se xogará desta previa o UD Corcubión-Sporting Zas, o motivo, os equipos están faltos de xogadores o cadrar esta fin de semana que non había competición a Ponte da Constitución e a Inmaculada Concepción e os xogadores moitos deles xa tiñan viaxes programadas. Dato curioso ao Corcubión é a 5º vez que lle toca xogar na previa de maneira consecutiva. Acordo mútuo antre equipos para o adiamento e non se xoga. Estes encontros xogaranse o vindeiro 28 de Nadal, “Día de Santos Iñocentes”, (nen buscado adrede saía mellor).
Tras esta previa, o 4 de xaneiro de 2026, (en plenas festas do Nadal), xogaranse os Dazaseisavos de Final nos que o CF Lira espera rival do Buño-Malpica, o Sportin Seaia espera rival do Corcubión-Zas, o SD Castriz espera rival do Cerqueda-Ponteceso e o SD Coristanco espera rival do Nantón-Cabana.
.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”