ESTE DOMINGO 12 DE MARZAL ACTO INAUGURAL DO LOCAL DA FEDERACIÓN DE PEÑAS DO RC DEPORTIVO.

O local esta preto da Deportenda no Pavillón de Deportes.

A Federación de Peñas Deportivistas, fará para tódalas peñas un acto institucional da inauguración do local, cedido polo Concello de A Coruña, para uso de tódolos peñistas, sito no Pavillón dos Deportes (fronte a Deportenda), que se celebrará pasado mañán Domingo 12 de Marzo as 13:00 horas.
Poderán asistir dúas persoas por peña, previa confirmación, que remata hoxe ás 14:00 horas. A continuación do acto, servirase un aperitivo.
Este foi un dos acordos que se tomou na xuntanza do presidente das peñas deportivistas, Luis Martínez e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.  Este local é unha necesidade pola que leva loitando dende tempo o ente federativo dos deportivistas e que xa é unha realidade.
-Texto . Xosé Búa “Pirata”
-Foto : Google Images