ESTAMOS DE VOLTA EN PIRATASDEMUXIA.ES TRAS SERNOS REPARADOS OS PROBLEMAS TÉCNICOS.

 

Tras 4 días sen poder actualizar por mor duns problemas técnicos moi importantes, fora do noso alcance para poder solucionalos e coa complicación dos problemas de distrinución de pezas e a fin de semana de por medio, xa nos foi todo solventado e xa podemos de novo actualizar tódalas novas que vaian xurdindo e os nosos artigos de autor.

Nestes 4 días pasaron moitas cousas, pero a peor sen dúbida, e da que demos conta por medio das nosas redes sociais, foi o pasamento en accidente do xove cormelán Lucas Vicente, seguidor da nosa web dende moi neno, e ao que coñecíamos dende neniño no fútbol base do Corme ata ser campión cos xuvenís, e na sua nova faceta como colexiado do fútbol da nosa zona en tódalas categorías. Unha nova a do seu pasamento que nos deixou, e seguimos consternados, e que trascendeu a todo o mundo, polo querido que era o rapáz e pola sua xuventude, (D.E.P. Unha vez máis o noso pésame e tódolos ánimos aos pais de Lucas e aos seus irmáns e familiares, así coma aos seus amigos e ao Corme CF.

Con este tráxico acontecemento a RFGF decideu suspender tódalas competicións da Delegación da Costa dende a Liga da Costa ata o fútbol base.

No eido alegre da fin de semana tivemos a vitoria do Depor en León por 2-3, e a maneira na que se produceu, co gol da vitoria no minuto 90 de encontro, cando o choque estaba moi parexo e parecía que ía a acabar en empate. Arredor de 1.500 deportivistas estivemos no Reino de León, algúns que se desprazaron o mesmo Domingo e outros que xa gardaban armas dende o venres ou o sábado, o que fixo que  o Barrio Húmedo da capitál leonesa fose un constante pasar de bufandas e camisetas branquiazuis.

Cos estes tres puntos os deportivistas despiden o ano no 1º chanzo da tábos acon 37 puntos, 4 máis co segundo Racind e Santander, e 8 máis co terceiro, Real Unión de Irún e 9 con Ferrol e Unionistas, que preceden aos irundarras.

O contrario co Depor pasoulle ao Bergantiños FC na  16ª xornada da 2ª RFEF na que os carballeses remontaban na segunda metade o gol do Real Avilés, con goles de Antón Escobar e Charly, pero vían como lles empataban os avilesinos no desconto, cando acariciaban a vitoria. Con este punto os carballeses despiden o ano con 21 puntos na 9ª posición.

-Foto . RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies