Este vindeiro sábado 24 e Domingo 25 de Xuño do 2023 terá lugar o “XIII Torneo de Fútbol Base de Cabana”, un dos máis sobranceiros da época estival na Costa da Morte. Este ano cumple maioría de idade en canto a edicións orgañizadas e como en cada unha das edicións o campo de “As Redondas” encherase de deporte, convivencia, confraternidade e festa. Ademáis coma sempre poderase xantar no propio recinto deportivo pois dispoñen sempre de servizo de cantina e con churrasco, bocatas, etc…
Nesta edición haberá torneo nas categorías alevín, e cadete. A primeira en fútbol 8 e a segunda en fútbol 7. Un total de 48 equipos, (12 en cada categoría), con equipos da Costa e de A Coruña, Cerceda e A Laracha.
O sábado será o turno dos alevíns e cadetes, co inicio dos encontros ás 09:30 horas, e as finais a dos máis pequenos ás 19:00 horas e a dos cadetes ás 19:35. O Domingo tócalle aos benxamíns e infantís, cos memsos horarios de inicio de finais ca os do sábado.
CALENDARIO
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”