ESTA VINDEIRA FIN DE SEMANA CABANA SERÁ O EPICENTRO DO FÚTBOL BASE COA DISPUTA DA 15ª EDICIÓN DO TORNEO DE FÚTBOL BASE DO CABANA SD.

 “As Redondas” unha vez máis o epicentro do fútbol base.

Esta vindeira fin de semana do 28-29 de Xuño volve o Torneo de Fútbol Base do Cabana SD no Campos “As Redondas”, (Cánduas-Cabana de Bergantiños), un dos máis importantes e  sobranceiros da época estival e que xunta a centos de rapaces e rapazas cada ano. Chegamos con esta a 15ª edición algo moi difícil de acadar e tendo en conta os moitos que proliferaron daquela e despois e quedaron pola popa, dado o gran sacrificio de traballo e preparación que conleva antes, durante e despois do torneo.

Moitos dos mozos/as que xogan hoxe en día nos diversos equipos da costa tanto en idades adolescentes coma en senior e algún en veteranos, participaron algunha vez ou moitas no torneo cabanés, tanto de equipos da costa coma de equipos da zona da Mariña ou da Coruña. O Torneo comeza o vindeiro sábado 28 de Xuño co turno para as categorías alevín e cadete cun total de 32 equipos, (16 por categoría). Na xornada dominical do 29 o turno será para os benxamíns e infantís, e tamén serán 32 equipos, (16 por categoría).

En ambos días os equipos loitarán durante todo o día desde ás 09:30 horas ata en torno ás 19:00 e 19:35 horas que terán lugar as finais nunha parte do campo e ao unísono na outra as finais de consolación, (3º e 4º posto).

No campo coma acotío haberá servizo de cantina onde poder refrescarse e picotear ou xantar algo, a base de empanadas, bocadillos e churrasco.

 

 

CALENDARIOS

 

-Fotos : Arquivo piratasdemuxia.es

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Calendarios : Cabana SD

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies