ESTA SÁBADO E DOMINGO VOLVE O “MEMORIAL ÁLEX POMBO” O CAMPO DE “AS REDONDAS”, (CÁNDUAS-CABANA), E HOXE VENRES “ENCONTRO SOLIDARIO CO POBO SAHARAUI”.

 

Non hai mellor maneira de explicar o “Memorial Álex Pombo”, que fora porteiro do Cabana SD, e que tristemente nos deixou no 2015 a idade de 34 anos o sufrir un paro cardíaco cando conducía un autobus na zona de A Grela, (A Coruña). Unha nova que calou moi forte en todo o fútbol da costa e en especial nos que conviviron con él

. Pombo foi porteiro do Cabana, así coma do Bergantiños Xuvenil, Camariñas, Malpica ou Ponteceso, que neste memorial é o invitado.

Para lembralo non fai falla máis ca ver como presenta o Cabana SD os encontros na lembranza de Pombo, como era coñecido :

“As Redondas de Cabana volverá a recordar o eterno sorriso de Álex Pombo!
O campo de fútbol de As Redondas acollerá este vindeiro fin de semana, unha nova edición do Memorial Álex Pombo. Con esta xuntanza queremos rendirlle unha especial homenaxe ao noso amigo, compañeiro e sempre inolvidable Álex!”.
❞ ́ … !!❞
́!!.
Estes son encontros e horarios previstos para os encontro no Cando das Redondas, en Cánduas-Cabana:
́ ́ :
:. INFANTÍS: Cabana SD – Ponteceso SD
:. CADETES: Cabana SD – Ponteceso SD
:. XUVENÍS: Cabana SD – Ponteceso SD
́ :
:. VETERANOS: Cabana SD – Ponteceso SD
:. SÉNIOR: Cabana SD – Ponteceso SD
:. FEMENINO: Cabana SD – Ponteceso SD
Encontro solidario co Pobo Saharaui
Así nolo contan dende o Cabana SD : “Hoxe venres 30 de Agosto a partires das 18:00 horas, As Redondas recibirá a visita dun grupo de nenos moi especial, e os cales estamos moi contentos de que veñan a disfrutar dun entrenamento e partidiño cos nosos rapaces do clube. Trátase dun grupo de nenos e nenas saharauis que pasan o verán con familias de acollida na nosa zona. Deste xeito, desde o Cabana SD queremos colaborar e contribuir coa Asociación ” ” para que estes nenos se leven, ademais de todo o noso cariño e a amizade de todos os nosos xogadores, o mellor recordo posible de toda a familia cabanesa, que a partir de ahora tamén será a súa”.
-Foto : Cabana SD
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Cabana SD

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies