No transcurso da noite de hoxe teremos novo presidente no RC Deportivo. Quen será?. Non tardaremos moito en sabelo, pero o único que pido como socio dende fai 28 anos e como accionista é continuismo na labor económica e de expansión, pois son as claves para crecer e seguir renacendo das cinzas do débito, para voltar os éxitos que chegaron no pasado e que tamén forman parte dese débido, pero que non trocaría por estar mellor economicamente, pois o noso pasado glorioso é inxequecible e pedurará no tempo.
Son catro os candidatos e visto o programa dos catro parece que a cousa vai a andar antre Fernando Vidal, Jesús Martínez Loira e Paco Zas, pois Cascallar parece máis ser a voz do afeccionado que un proxecto, si respetado e que di o sentir da afección en cousas coma o de “Tebas persoa non grata”, polo dano que lle fai este home as afeccións e o fútbol, pero no resto cóllese bastante con mondadentes. No que se refire aos outros no económico parece haber liñas de continuismo e no deportivo, todo canto se fala non deixa de ser cáseque o que temos, pois o da canteira e o de melloras no estadio, non é nada novo.
O problema maior dos que entren e que xa foi a espada de Damocles dos saintes, é o primeiro equipo. Se a pelotiña non entra todo son protestas e as tempadas acaban en fracaso, como pasou na anterior ou está a punto de pasar nesta. No resto, o Fabril ainda que baixou , antes subeu a 2ª B ca mesma diretiva, e creouse os equipos de Fútbol Feminino dos que os éxitos son tremendos, cun equipo na máima categoría do fútbol español e o outro na 2ª Nacional.
Tino Fernández que supoñemos dará o seu discurso de despedida explicando a decisión de marchar, que para nos non é outra que o desgaste polas protestas da xente, e él ten na sua man a chave do que será o novo presidente, e non porque sexa o segundo máximo accionista e que o primeiro, (Estrella Galicia), anunciase que se vai a abster, senón porque son moitos os accionistas que delegan o seu voto no presidente sainte, para que él apoie ao que cré máis idoneo. Hai que ter en conta que dende fai preto dun mes xa os accionistas recibiron a carta de delegación de voto e tal como puidemos saber en conversas tato en Riazor, coma en Lugo, con tódolos que falamos xa delegaran o seu voto ou ern Tino ou noutro dos candidatos, pero na gran maioría dos casos no presidente sainte.
Quen será o novo presidente?…en poucas horas saberémolo e en nada, terá que traballar na seguinte tempada en Segunda ou en Primeira.
Xosé Búa
-Webmaster de www.piratasdemuxia.es-