ESTA MUXIANA NON PARA…LUCÍA PAZOS PRATA NA COPA DE ESPAÑA JUNIOR DE JUDO.

Lucía co seu pai Pedro Pazos.

 

Se fai unha semana falábamos de que acolleitaba o brionce no Campionato de España de Judo, celebrado en Pamplona, hoxe tocáballe disputar a Copa de España na categoría de Junior, sendo Lucía Pazos en idade cadete, e unha vez máis deixou o pavillón de Muxía e da Costa da Morte moi alto acadando a prata, ou sexa subcampiona, tras facer dous combates impecable, gañando con superioridade, e cenedndo na final ante a representante de Navarra. A sua compañeira Naira acolleitou un tamén destacado 7º posto.

A muxiana de Merexo e neta de Pazos un dos maiores acordeonista que deu Galicia, Lucía Pazos, presentou neste campionato un novo “look”, cun rapado de pelo, pero non lle pasou as de Sansón, e a sua forza non menguou e suma os primeiros puntos no rankings para o Campionato de España 2023.

Unha vez máis, (e non nos cansamos), a nosa máis enérxica noraboa,

-Foto : Pedro Pazos

–Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies