Escolas Luís Calvo recupera esta fin de semana todas as súas actividades coa celebración do Torneo Internacional Concello de Carballo Nesta décimo sexta edición participarán oito equipos e por primeira vez farao o club senegalés Académie Caïman FC
Os catro mellores equipos galegos en categoría alevín desta
tempada, entre elas as Escolas, daranse cita tamén este 18 e 19 de xuño
Esta próxima fin de semana, 18 e 19 de xuño, o balón do XVI Torneo Internacional F-7 Alevín Concello de Carballo comezará a rodar no Estadio Municipal de As Eiroas a partir das 10:30 horas.
Despois de dous anos sen poder disputarse pola situación sanitaria de novo o noso torneo recupera a súa actividade, e con ela, as Escolas de Fútbol Luís Calvo Sanz funcionarán a pleno rendemento con todas as súas actividades e iniciativas postas en marcha.
Nesta décimo sexta edición, o Torneo Internacional Concello de Carballo, contará coa participación de oito equipos, dos que por primeira vez farao o club de Senegal Académie Caïman FC, que precisamente serán os que darán o pistoletazo de saída á primeira xornada do torneo enfrontándose a un dos mellores equipos galegos como é o RC Deportivo.
Esta fin de semana os catro mellores equipos de Galicia de categoría alevín desta tempada daranse cita en As Eiroas polo que se poderá gozar de grandes partidos da man do RC Deportivo, RC Celta, Pavillón Ourense e o noso alevín Escolas Luís Calvo, que pecha o top catro do ranking. Completarán os integrantes do torneo e que darán grandes enfrontamentos o CD Lugo, o Real Sporting de Xixón e a Selección da Costa Alevín.
A historia do Torneo Internacional Concello de Carballo
O Torneo Internacional de Fútbol Alevín nace como consecuencia da aventura e experiencia vividas polas Escolas Luís Calvo Sanz coa creación de torneos locais e comarcais desde o ano 2000.
A partir do ano 2005 nace, non só como un evento deportivo máis, senón que pretende ir máis aló e aglutinar a contorna á práctica do fútbol, que se converte así en eixo motor, e o mundo da cultura, fomentando o espírito de cooperación e convivencia entre as xentes de distintos pobos e culturas.
Tres días de diversión e competición coa participación de 9equipos,
con máis de 150 xogadores, que se enfrontan en formato
“liguiña”. O sistema de competición caracterízase por ser novo ao xogar en formato de liga, a unha soa volta, entre todos os participantes. Os 4 primeiros pasan ás semifinais polo título, entre o 59 e 89 xogan as semifinais de consolación quedando eliminado o 99 posto.
O torneo máis internacional en As Eiroas
A importancia do Torneo fixo que haxan participado equipos como:
Promesas no seu día e grandes xogadores hoxe, pasaron por As Eiroas, así como directivas, corpos técnicos e adestradores que, en moitos casos, son auténticas lendas no mundo futbolístico e que puxeron o broche de honra ao evento.
O Torneo converteuse así nun acontecemento de especial importancia para todo un pobo, Carballo, pero tamén para toda a comarca de Bergantiños e Costa da Morte, que espera, ansiosa, a presentación do acontecemento deportivo estival que lles fará gozar do bo fútbol, en cantidade e calidade, nun ambiente
acolledor e distendido que ofrece o pobo de Carballo.
CALENDARIO
-Foto e Texto : Comunicación Bergantiños FC