ESTA FIN DE SEMANA A “ASOCIACIÓN XUVENIL COMAREA” DE MUXÍA ORGAÑIZA UNHA ACCIÓN MEDIOAMBIENTAL E A “3º EXHIBICIÓN COMETAREA” CON PAPAVENTOS NA PRAIA DE LOURIDO.

 

Esta vindeira fin de semana a Asociaicín Xuvenil Comarea, de Muxía, orgañiza para o sábado unha acción medioambiental con recollida de lixo mariño no Coido de Muxía. Na foto de máis abaixo tedes como participar na mesma.

Xa para o Domingo 22 na Praia de Lourido terá lugar a “III Exhibición Cometarea”, na que un ano máis, como pasou nas duas edicións anteriores, poderanse ver voar espectaculares papaventos da man de “Velaivai Cometas” e “Torbellino e Ventolera”.

Colabora no evento do sábado cos rapaces/zas de Comarea a “Asociación Mar de Fábula”, e o Concello de Muxía, que tamén colabora no acto do Domingo, xunto coa Deputación da Coruña.

Toda a información dos horarios e demáis nos carteis.

 

 

 

-Texto : piratasdemuxia

-Fotos : Asociación Xuvenil Comarea