“ESTA AFECCIÓN NUNCA SE RENDE” : BATIDO O RECORD DE SOCIOS DUN CLUBE EN 2ª B…E SEGUE…

O Depor un equipo de primeira…categoría.

 

Cos 16.575 socios acababa o día de onte o RC Deportivo, a cifra máis alta endexamáis acadada por un clube da 2ª B na historia da competición, e a día de hoxe con máis socios ca tódolos equipos da 2ª División, agás o Español de Barcelona e o Málaga CF, e máis ca moitos da 1ª División.

Todo esto e a falla de 19 días para que comece a competición e sabendo que non se poderá acudir a Riazor en plenitude. O clube ten feito a proposta de que poidan acceder o estadio, xa no primeiro encontro de liga ante o Salamanca, cun aforo de 4.000 afeccioados. Están a traballar no protocolo a seguir, ademáis do federativo, o de reparto dos asentos e da maneira de que tódolos socios poidan acudir de maneira escalonada.

Voltando ao record de socios na categoría de bronce, o Real Oviedo tiña este record con 15.236, na 2013/14, pero en toda a tempada. É dicir, cos socios feitos a inicio de campaña, máis os que se sumaron cando o clube acariciaba o ascenso, (que acadou), coas altas da segunda volta.

Todo apunta a que o Depor superará os 20.000 socios, e que a cifra sería desorbitante, se non fose pola pandemia, e dada a proximidade dos clubes aos que nos temos que enfrontar o equipo arrastraría acada campo tanta xente como lle permitisen entrar.

O de “esta hinchada nunca se rinde”, e o de “alé, alé!!!..aunque estuviese en 2ª B”, non fai falla decir que é máis ca certo. O primeiro xa se ve cada tempada e o segundo, que é a segunda vez que pasa…reitérase.

Forza Depor sempre!!!

-Texto e Foto : piratasdemuxia