ESPECTACULAR SEGUEMENTO DO DEPOR-SALAMANCA DOS AFECCIONADOS POLA TVG, INTERNET E “TRENDING TOPIC”.

Riazor punto de atención mediatica o pasado Domingo.

 

Fai uns anos Mediapro sacaba unha lista dos equipos españois máis seguidos por televisión e o Depor aparecía na 7ª posición, a nivel nacional, por debaixo, por iste órde do Real Madrid, Barcelona, Atlético de Madrid, Sevilla, Valencia e Betis, e no primeiro lugar en Galicia por enriba de Madrid e Barcelona. Todo esto fora dos anos dourados de títulos e Champions onde chegou a estar como cuarto equipo máis seguido.

Este pasado Domigo, fomos tresmil e pico os que estivemos en Riazor de maneira presencial e dúcias de jmiles máis os que estiveron en espíritu, presenciando o encontro pola TVG2, pola TVG Internacional e pola Dixital, así como pola web da TVG, que acabou caéndose por saturación, ante o cabreo de milleiros de deportivistas de todo o mundo que tiñan esta opción para seguir o encontro, os que non podían acceder a TVG as plataformas nas que estaba a dixital e a internacional e os que tiñan como única opción, velo no mobil, ou seguillo polas diferentes radios nas ondas ou por internet.

Segundo informaba esta mañán Onda Cero Coruña, o encontro antre o Depor e o Salamanca suprou picos de 50.000 spactadores cun 7.3 % de Share, algo extraordinario para a 2ª canle galega, e mi por enriba de grande maioría de encontros da 1ª División. Por facer unha comparativa, o derbi antre o Racing de Ferrol e o Pontevedra CF, duas cidades que suman antre as duas 150.000 habitantes foi seguido por 15.000 espectadores cun Share do 2.5%. Ademáis en Twitter, #Riazor e #Depor foron “Trending Topic” en España este pasado Domingo 18 de Outubro.

Unha mostra máis de que a afección do Depor onde queira que esté non abandona nunca o seu equipo, e menos nas malas. Agora as numerosas protestas nas redes apuntan ao problema da web da Televisión de Galicia, a que xa foi moi criticada cando se chegou ao acordo de transmisión dos encontros do Depor, porque ao parecer xa fallaba moito. Un problema que esperamos que dende a nosa televisión sexa solucionado e máis tendo en conta que o vindeiro Domingo temos un derbi Compostela-Depor no “Vero Boquete” de San Lázaro, a partires das 17:00 horas, (15:00 GMT).

 

Fermoso vídeo de “El Día Después”

O programa “El Día Despues”, dos míticos, Michael Róbison, (D.E.P.), Maldini, Julio Maldonado ou Nacho Lewin, sacou no dá un fermoso vídeo falando da realidade do que é a afección e o seguimento da mesma o TC Deportico, un sentimento que titularon cunha das bandas sonoras dos Riazor Blues : “Nos van a ver volver”. Un excelente raballo que riza os pels do corpo a calquer deportivista.

Tralo descenso do Depor de maneira fraudulenta ca axuda de Javier Tebas e a sua mafia de colaboradores e ca asquerosa acitude da grande maioría dos clubes, mirando a outro lado ante a inxustiza que se levou a cabo, orquetsda polo Goberno e a Federación, foron moitos os deportivisyas, (inclúome), que se deron de baixa as plataformas dixitais polas que seguíamos os encontros de fora, (os que imos a Riazor), e todos, os que non poden asomarse ao noso “museo de recordos, e taller de novos soños”. Esto provocou que as plataformas ofertasen Champións, ligas extranxeiras ou mesmamente cine de balde uns meses, ou ata fin de ano. Para que pagar unha platafrma se non da o Depor e a tiñas para eso. Os contratos co fútbol profesional deixáronas sen o Depor e detalles coma este vídeo nun programa dese nivel amosan as craras o que representamos e quenes somos en seguimento.

 

 

 

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia

-Vídeo : Canal Plus/El Día Despues


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies