ESPECTACULAR ORGAÑIZACIÓN DO “CAMPIONATO GALEGO ALEVÍN” EN OUTES.

CAMPIONATO GALEGO DE ALEVÍN
FASE INTERMEDIA

O Outes CF acadou a sexta praza do fútbol galego alevín.
-Espectacular orgañización do Campionato Galego Alevín en Outes-
 
O pasado sábado 18 disputouse no Campo Municipal de “O Conchido”, (Serra de Outes), a fase intermedia do Campionato Galego de Futbol-8  Alevín. Os asistentes ó evento organizado pola Federación Galega de Futbol e Outes FC, puideron disfrutar do futbol despregado por oito dos mellores equipos da Zona Norte de Galicia. Estes equipos clasificados para esta fase foron: Victoria CF, CD Conxo Santiago, Racing de Ferrol, SCD Residencia de Lugo, Ulla Pontecesures, Xuventude Oroso, Bertamiráns FC e Outes FC. Unha vez máis o clube outés amosou o seu poderío a hora de orgañizar eventos deportivos, cunha orgañización extraordinaria e cun ambente a altura do campionato.
 
 
Os partidos deron comezo as 10:30 da mañan e disputáronse de forma ininterrumpida ata as 14:00, dando remate á fase de grupos. Logo de tres horas de parón para disfrutar do xantar, voleron os xogadores ó campo coa disputa das eliminatorias para dirimir os postos finais a ocupar na clasificación. A entrega de trofeos puxo punto e final á xornada futboleira a eso da 19:00 coa presencia de personalidades da Real Federación Galega de Fútbol, Concello de Outes e Outes F.C. para agasallar ós premiados.
 
A organización agradece a colaboración de Concello de Outes, Xunta de Galicia, Real Federación Galega de Futbol e Protección Civil Outes, así como ós colaboradores habituais do Outes FC que fan que estas xornadas de deporte e convivencia entre os nosos cativos sexan posibles.
Serra de Outes, a 20 de maio do 2016
 

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos moito menos ca outras webs, radios ou xornais de menor seguimento.

Deixa un comentario

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies