Coma cada ano en época estival iremos poñendo nas “NOVAS BREVES DO DEPORTE DA COSTA”, todas aquelas que nos cheguen por medio de diretivos, socios, afeccionados ou participantes dos diferentes eventos deportivos, así coma de despedidas, fichaxes, etc…Polo tanto especificar que non vai ser que poñamos as de uns si e aos de outros non, imos poñer as que nos cheguen ou o que é o mesmo as dos que lles interese que se lle de máis visibilidade…Feliz veran a todos!!!.
Saray Duarte a Selección Española de Fútbol Praia
A xogadora en futsal do Fisober FSF i en fútbol 11 do UC Cee, Saray Duarte, (Baíñas-Vimianzo), foi convocada pola Selección Galega de Fútbol Praia Sub20, para a disputa do Campionato de España 2025 que se celebrará as primeiras semanas de Xullo en Cádiz.
O CF Dumbría incorpora a Berto Fandiño
O CF Dumbría anuncia o retorno do xogador nado en Ce e que xa militou no clube dumbriás, Berto Fandiño, para o desembarco na vindeira tempada na Preferente Norte.
Festa Fin de tempada do CF Dumbría
Hoxe sábado 28 de Xuño, o CF Dumbría celebra a festa Fin de Tempada no Municipal do “Conco”. Toda a información no cartel.
SD Sofán : Álex Sánchez renova e ficha Julián Cortés
O central Álex Sáchez, (29/05/2004-Muxía), seguirá defendendo unha tempada máis as cores do SD Sofán no Grupo Norte da Preferente. O xogador muxián foi un dos destacados do equipo sofanista desta pasada tempada na que loitou polo ascenso a 3ª RFEF quedando apeado na promoción tras unha arbitraxe moi polémica. Álex formouse no CF Muxía no que comezou con 8 anos e o que deixaba camiño dos 12 para enrolarse no UC Cee no que estivo 4 tempadas para de aí na 2022/23 dar o salto ao Bergantiños FC, no que tras unha tempada voltou ao CF Dumbría na 1ª Galicia G2 e de aí ao SD Sofán para competir na Preferente na que a vindeira tempada se topará cos dumbrieses ascendidos esta tempada. Tamén anuncia o SD Sofán que acaba de fichar a Julián Cortés, (A Coruña 2004), procedente do Steyr austriaco no que xogou na 3ª División daquel pais, pero que se formou no Orillamar, Montañeros, Silva e Paiosaco.
Duas altas e renovacións no Camariñas FC
O Camariñas FC que a vindeira tempada sairá a competir na 1ª Futgal G2 acaba de fichar aos xogadores Ánxo López e Asier. O primeiro chega procendente do UC Cee e xa coñece ben o Vicente Carril dado que comezou a sua andaina deportiva no EF As Baleas, pola sua banda Asier acaba etapa de xuvenil e seguirá formando dos de Juan Cabrejo, que continuará o mando do barco camariñán. Tamén nos anuncian a baixa de Manuel e as renovacións de Roi Carril, Carlos González, Jorge Vázquez, Soule, Pablo Novo, Martín Tajes, e Mouriño, así como a continuidade no corpo técnico de Pepucho e Faustino
XXV Torneo de Fútbol Base do Cabana SD
Tal e como xa vos informamos ampliamente, esta vindeira fin de semana terá lugar a 15ª edición do Torneo de Fútbol Base do Cabana SD o máis sobranceiro e de maior magnitude dos que se celebran na Costa da morte e un dos maiores a nivel galego. Un total de 64 equipos de base inundaran o “As Redondas”, (Cánduas-Cabana de Bergantiños), este sábado 28 e Domingo 29 de Xuño. Toda información dos encontros, data e horarios PREMENDO AQUÍ.
I Torneo Internacional de Fútbol Veterano “Costa da Morte”
Sigue aberto o prazo de inscrición para o I Torneo Internacional de Fútbol Veterano “Costa da Morte”, que orgañiza o CF Cances e para o que xa hai varios equipos da bisbarra, de Galicia e de fora, coma o Deportivo de Veteranos, os Peloteros de Granada, Juventus de León, o Zamora, ou o Rivera de Ourense. Toda a información PREMENDO AQUÍ.
Torneo de Fútbol 7 senior “Santa Sabiña”
Aberto o prazo para incricións para o XVII Torneo de Fútbol 7 senior “Santa Sabiña”, que volve tras 4 anos de parón e farao como parou, cos encontros no Campo do Busto en Santa Sabiña, 8Santa Comba). O prazo para inscribirse remata o 10 de Xullo ás 21:00 horas e o sorteo dos enfrontamentos será unha hora despois no Bar “O Campo” no lugar de O Busto. Teléfono de inscrición: 676 956 120 (David). Toda a información PREMENDO AQUÍ.
Renovacións no San Lorenzo
O San Lorenzo de Verdillo xa traballa na vindeira tempada na que volta a Liga da Costa tralo descenso da 1ª Futgal G2, e o primeiro que fixo foi dar continuidade ao bo traballo que fixeron Iván Rojo e Álex Canteiro no banco. Collérono nun intre moi difícil e conseguiron que o equipo competise e voltase a disfrutar de algunha vitoria nunha tempada moi dura. Tamén anunciaron as renovacións dos xogadores, Pablo Garrido, Álex Taibo e Iago López.
II Torneo Costa da Morte e Trofeo Federación de Aire Libre
O club de arco de Corme, “Flechas por un tubo”, orgañiza o 5 e 6 de Xullo a segunda edición do Torneo Costa da Morte de tiro con arco, conxuntamente co gallo da celebración do Trofeo Federación desta modalidade deportiva, como xa o fixeron o pasado ano. Toda a información PREMENDO AQUÍ.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
-Información recibida vía : Whatsapp, Gmail, e Messeger.

