ESGOTADAS NUN SUSPIRO AS ENTRADAS PARA O DEPOR-BARCELONA B DO 12 DE MAIO.

 

Contra a Cultural superouse o record da categoría con 29.079, que xa o tiña o Depor, e asistencia da que poucos clubes poden presumir en España, e ainda máis si se ten en conta o número de habitantes, e no encontro do Deportivo Feminino co Cacereño superouse o record da 2ª División Española Feminina con máis de 14.000.

 

Esgotadas as entradas para o Depor-Barcelona B

Hoxe ás 12:00 horas desta mañán o RC Deportivo poñía a venta as entradas para o Depor-Barcelona B do vindeiro 12 de Maio, dictado para ás 9:00 horas, (18:00 GMT). En cuestións de minutos a “cola virtual”, para coller entradas superaba o número de entradas que saen a venda, pois socios somos 28.346, se mal non lembro e o estadio ten capacidade para 32.490, según os datos do Concello da Coruña. Si aos máis de 28 mil socios lle sumamos compromisos do clube, (asociacións, fútbol modesto, sponsors, etc…), máis os da afeccións visitante, (neste caso raro que veña alguén, pois nin co primeiro equipo acuden en demasía). Son poucas as entradas que sairán a venta, calculamos que en torno as 3.000, polo que nada máis abrirse a venta foron mercadas.

Para exemplo o dun dos socios da nosa peña que poucos minutos despois de abrirse a venta e xa sen esperanzas era o 4.177 na “cola virtiual”. Agora como última opción de cara a poder estar en Riazor, só queda esperar e ir mirando a que algún socio que non poida ir libere o seu asento.

O encontro ante o filial do Barcelona podería ser decisivo, pero tamén pode que sexa antes debido aos enfrontamentos diretos que teñen os perseguidores e o quye se xoga cada equipo, e sempre que o noso equipo siga carburando desta espectacular maneira. Xa hai quen ven pedindo que o Real Sociedad B-Depor se xogue en Anoeta, por si hai que ir ata alá en masa e xogándose todo.

Pero antes de esto ainda quedan dous encontros, o máis próximo o do vindeiro Domingo a partires das 19:00 horas, (18:00 GMT), e no que o CD Arenteiro visita Riazor. Encontro para o que quedan menos de 400 entradas.

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies