ESGOTADAS AS ENTRADAS PARA FERROL E AS PRAZAS DE BUS DA FEDERACIÓN”.

O deportivismo non falla nunca, ainda que o equipo non o faga.

 

O clube informou as 6 da tarde que xa se esgotaran as 676 entradas que puxeron a venda esta mesma mañán para poder ir a presenciar o encontro na Malata antre o Ferrol e o Depor. O mismo tempo a Federación de Peñas Deportivistas anunciaba que xa non quedaban prazas dispoñibles para viaxar dende a Coruña fletados pola propia federación deportivista.

A Federación de Peñas Deportivistas pechaba para os peñistas o prazo de solicitar entradas o pasado venres 7 de Abril e as que sobraron foron entregadas o clube. O propio clube que recibeu as portas da Semana Santa un paquete de 1000 entradas, que se sumaban as 886 que lle cedera o clube ferrolán nun principio. Tralo paso da festividades e feito o reconto do que lle quedaba o clube deportivista e a Federación de Peñas, sacaron a venda no día de hoxe 676, que se esgotaron en poucas horas. O motivo das sobrantes no eido federativo e do clube, é que moitos deportivistas fixeron a prereseva en ambas entidades, e o conseguilas por un medio, anularon, ou non recolleron as do outro, o que fixo que saise este paquete.

Augurase a mellor entrada da historia no clube ferrolán, algo moi normal, sabendo que ao igual que por toda Galicia, en Ferrol hai unha gran cantidade de socios e afeccionados deportivistas que cada 15 días visitan Riazor. Pola sua banda o equipo Departamental conta con arredor de 3.500 socios.

No que se refire ao prezo das entradas causou malestar antre o deportivismo os prezo, de antre 20-25 euros, cando en Riazor estáselle a cobrar 15 euros as afeccións visitantes, e para estar nun verdadeiro estadio de fútbol de nivel mundial. Cousa que xa pasou en moitos campos da categoría que aproveitan para facer caixa.

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”