ESCOTET TOMARÁ O MANDO A PARTIRES DO 1 DE SETEMBRO.

 

Juan Carlos Escotet Rodríguez, (Madrid 23/07/1959), con orixen venezolansa, de onde ten a nacionalidade xunto ca española, e que é dono do RC Deportivo da Coruña o contar con máis do 74% de accio´ns, tomará as rendas da presidencia do RC Deportivo a partires do 1 de Stembro do 2024.

Escotet, economista e banqueiro que fundou Banesco e que se fixo co banco galego Nova Caixa Galicia no 2013. Nos peores intres do RC Deportivo e cando todo se tiñeu de negro chegou para ser a salvación e a base de invertir fíxose cas rendas do clube e salvouno da sua desaparcición. Durante os derradeiros anos foron entrando “marionetas” para tratar de levantar oi clube, (como pasou cando comproou Pescanova que era unha ruina e cos diretivos na carcel). Agora toma as rendas como cabeza visible na presidencia e coa sua sobriña, Michelle Clemente Escobar, (ex xogadora do Deportivo Feminino), como vicepresidenta. Experta en análise financeira, optimización de procesos e cumprimento normativo.

O novo consello de administración do Deportivo terá como novo conselleiro delegado Massimo Benassi. O ata agora director xeral do club incorporouse en 2023 como director de desenvolvemento empresarial. Licenciado en Dereito, con proxecto de fin de curso no ámbito deportivo, no máster pola Universidade de Boloña e MBA en xestión de entidades deportivas pola Escola Universitaria Real Madrid. Ata a súa chegada á Coruña traballara en Ibiza. Ademais da incorporación de Benassi como conselleiro delegado, a este órgano do Deportivo tamén se incorporan Marta Fernández Currás e Benito Couceiro, aínda que nos seus casos como asesores. 

Carlos Ballesta e José Vicente Fernández continuarán no consello de administración, incorporado no verán de 2023 coa chegada de García Diéguez á presidencia da entidade.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies