O SD Ponteceso gañoulle o trofeo o Corme CF en seniors.
(Foto : SD Ponteceso)
“II Memorial Manolo Romaní Barrientos”
Muxía CF ca muller de Manolo Romaní, (Foto : o clube)
Muxía CF 0-3 CF Dumbría
Encontro xogado no Municipal da Arliña antre o Muxía CF, (Liga da Costa) e o CF Dumbría, (1ª Galicia G2), que valía para lembrar a memoria dun dos homes importantes do fútbol muxián, pai, abó, irmán e tío de moitos xogadores relevantes da costa de fai anos e de agora. Os muxiáns debutaban na casa ante a sua afección ante un dos equipos que mellores maneiras está a amosar nesta pretempada da man do novo adestrador Pablo Conde e que fixo unha excelente “Copa Deputación” quedando fora nos penaltis ante o SD Compostela. O segundo de abordo do Muxía CF, Óscar Leis decíanos sobre o encontro que : “Foi un partido típico de pretemporada onde o Muxía rendiu a bo nivel, ata o tramo final do partido, ante un rival de Primeira Rexional. O Dumbría nese tramo final fixo os 3 goles”. Os goles foron obra de Yuyo, (2) e Diego Estévez.
Os dumbrieses xogarán o vindeiro sábado 24 de Agosto o “Trofeo Concello de Dumbría” no Municipal do Conco no que se enfrontarán ao AD Club do Mar de Caión. O encontro comezará ás 19:00 horas.
“Trofeos Concello de Ponteceso”
Sábado 17
Infantís : Corme CF 2-1 SD Ponteceso
Xuvenís : Corme CF 2-2 SD Ponteceso, (levouse o trofeo o Corme CF nos penaltis)
Domingo 18
Veteranos : Corme CF 0-1 SD Ponteceso
Cadetes : Corme CF 5-1 SD Ponteceso
Senior : Corme CF 0-2 SD Ponteceso
“III Memorial Xaquín Formoso”
CF Lira 4-2 CF Cacheiras
Encontro xogado no Municipal de Lombáns, (Carnota) no que os “roxiños” quedaban co trofeo na casa, o golear ao Cacheiras.
“Trofeo Gasthof”
CD Baio 0-3 SD Fisterra
O Fisterra alzouse co trunfo no “Trofeo Gasthof” que cada ano celebra o CD Baio no Municipal “Platas Reinoso”. Os fisterráns que están a facer unha gran tempada e que quedaron fora na 2Copa Deputación” ante o CD Boiro tras empatar no enconbtro e facer falla 19 penaltis para decidir quen pasaba, alzábanse co trofeo baiés e estanse amosando moi fortes para o comezo da Preferente Norte o día 8 de Setembro. Os goles foron 2 de Adrián 2Makaay” e 1 de Breixo.
“XLII Torneo de Barrios de Esteiro”
Independiante 5-1 Ciclóns
O Independiente de Uhía derrotaba nunha final co “Xosé Luis Vara” a reventar por 5-1 aos Ciclóns do Maio. Un torneo que pon o broche de ouro as festas de Esteiro dende faí máis de 4 décadas e no que o pichichi foi compartido antre Raúl Lestón e Junior, ambos con 5 goles. O meta menos batido foi Manuel Trillo e a “culler de pau” que recibe o colista foi para o Carallo Santo.
“Trofeo da Xunqueira”
UC Cee 0-10 SD Silva
Notouse e moito a diferenza de categoría e as sesións de traballo. O SD Silva non tivo piedade dun UC Cee moito menos rodado e moi lonxe da categoría dos do Ventorrilo que un ano máis disputarán a 3ª División. O adestrador Javier Bardanca feliz de voltar pola costa na que foi adestrador de equipos coma o SD Ponteceso antes de dar o salto ao Silva ao que levou dende a rexional a 3ª División.
“Trofeo da Xunqueira Fútbol Feminino”
UC Cee 9-0 CF Mazaricos
O UC Cee de recente creación, xogaba por primeira vez o trofeo ceense e facía que para a historia quedase na casa tras derrotar a outro novel no fútbol feminino o CF Mazaricos. Tarde de choiva pero de moitas emocións para as xogadoras de ambos equipos.
AVISO
Neste tipo de torneos veraniegos poñemos os que nos mandan os clubes, xogadores, adestradores ou afeccionados, para que non se diga que poñemos uns si e outros non se se nos queda algún no tinteiro, polo que se queres mandarnos o teu trofeo, torneo, amistoso, etc, de fútbol ou de calquer deporte non tes máis ca mandárnolo a admin@piratasdemuxia.es ou ao whatsapp : 626 72 00 47.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR