A Asemblea Xeral do RC Deportivo será o 16-17 de Marzal.
Poderase delegar accións en Riazor
O Real Club Deportivo quere facilitar a todos os seus accionistas a posibilidade de delegar as súas accións de cara á Xunta Xeral Extraordinaria do próximo mes de de marzo.
Para iso, ademais dos puntos habituais de recollida e envío de delegacións, farase un reforzo tanto nas DéporTiendas como na previa do partido contra o CD Lugo.
A recollida das delegacións de accións, que deben realizarse co papel oficial con código de barras e marca de auga que cada accionista recibe no domicilio que figura na base de datos do Club, levará a cabo, en ambos os casos, en urnas precintadas.
Desde a apertura de portas (ás 15:00 h.) do Estadio ABANCA-RIAZOR para o partido contra o CD Lugo disporía persoal en cada un dos 30 accesos, debidamente identificado e custodiando as urnas personalizadas coa imaxe que encabeza esta información, para recoller, con todas as garantías, as delegacións de accións que serán depositadas após o descanso, na Oficina de Atención ao Deportivista para a súa xestión.
Tamén, de maneira permanente até a véspera da Xunta, haberá urnas precintadas en cada unha das 3 DéporTiendas (ABANCA-RIAZOR, Marineda City e Real, 59) nas que os accionistas poderán depositar, debidamente cumprimentado, o boletín de delegación.
Ademais, como en calquera Xunta, os accionistas poderán entregar o documento de delegación directamente na Oficina de Atención ao Deportivista, na sede do Club en praza de Pontevedra, 19 1º ou remitilo por correo ordinario no sobre de resposta gratuíta ao código postal do Real Club Deportivo que reciben xunto á convocatoria.
3ª División
Fabril 4-2 UD Paiosaco
Un tempo para cada equipo no encontro da 3ª División co derbi antre Fabril e “Peisaco”, e levouse o trunfo o equipo fabrilista por maior efectividade. Foi mellor o equipo de “Peisaco” na primeira metade e púxose por diante cun tanto de Eiroa de penalti. Puido acabar a primeira metade con máis goles a favor pero o meta fabrilista, Alberto estivo lucido. Na segunda metade os branquiazuis sairon moito mellor e en 8 minutos remontaban con goles de Losada e Pedro, repetirían ambos para o resultado final de 4-2. Ben e certo que os branquiverdes quedaron cun menos por expulsión de Edu, e Rojo pasada a hora de xogo poñía incertidume co 3-2.
Lista de convocadas do Deportivo Feminino para a Copa
Alba Merino será operada mañán da fractura de clavícula
Alba Merino será intervida cirurxicamente mañá mércores 26 de febreiro polo Doutor Carrero no Hospital Quirónsalud A Coruña da fractura que sufriu na súa clavícula dereita no transcurso do encontro de Primera Iberdrola ante a Real Sociedad en Abegondo.
A centrocampista do Deportivo ABANCA, após ser dada de alta hospitalaria, comezará o seu proceso de recuperación a cargo dos Servizos Médicos do RC Deportivo.
Rolda de prensa de Álex Bergantiños
A rolda de prensa completa no vídeo.
Óscar Duarte alónxase do RC Deportivo
No día de onte había varios medios que se facían eco dunha oferta do RC Deportivo ao central colombiano do Levante, Óscar Duarte. Hoxe eses mesmos medios din que o colombiano rexeitou a oferta deportivista. Nós podemos que hai unha imp0ortante oferta a un xogador de Primeira e que se está a espera da contestación, así como a vía libre do Comité Médico da LFP, no que está o ex galeno do RC Deportivo, César Cobián. Dado que Somma ten unha lesión de longa duración, estó só é un tema puramente burocrático.
Quedan 1.100 entradas para o Depor-Lugo
Segundo nos informan dende o club tan só quedan 1.100 entradas das especiais para socios, para o encontro deste Domingo 1 de Marzal a partires das 16:00 horas, (15:00 GMT) no Estadio de Riazor. Entradas que só se poderán mercar de maneira física nas taquillas da Oficina de Atención ao Socio, na porta de entrada aos Palcos VIP, ou nas Deportenda.
Tal como xa nolo apuntaban dende o RC Deportivo : “As entradas de público só estarán a diposición dos socios do Club a prezo único de 10 euros, cun límite de 4 entradas por socio e venda exclusiva en puntos de venda físicos: Oficina de Atención ao Deportivista e DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City. Quedan exentas desta oferta a entradas da área 1906.
Os tickets poden comprarse na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida da Habana s/n) de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas; e de luns a sábado nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City (de 10:00 a 20:30 no Estadio e até as 22:00 no Centro Comercial).
As entradas tamén son válidas para o partido que se disputará a continuación no propio Estadio ABANCA-RIAZOR entre o Fabril e o Bergantiños, de Terceira División (18:30 h.)”.
-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia.es
-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo
Nos nosos “Vídeos Recomendados” abaixo de todo na portada da web tes ao instante tódolos vídeos que colga o RC Deportivo no seu canle de YouTube, incluso antes de falemos deles como noticia.
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.