ESCOLMA DE NOVAS DO FÚTBOL E DEPORTES VARIOS DA COSTA.

O San Lorenzo comeza visitando o Dumbría na 1ª Galicia.

 

Calendarios da 1ª Galicia G2 e Preferente

A RFGF deu a coñecer os calendarios da Preferente e 1ª Galicia. No que se refire a Preferente Norte só hai un equipo costeiro, o SD Sofán que comezará visitando o San Tirso. A liga comeza o 10 de Setembro e rematará o 10 de Maio do 2024 despois de 34 xornadas. Haberá dous ascenso diretos, e 3 descensos diretos.

No que se refire a 1ª Galicia G2 A Costa(Santiago, na que están enmarcados os nosos, O Fisterra comeza recibindo ao SD Agolada, a Esteirana visita o SD Flavia, o CF Dumbría recibe o SD San Lorenzo, no primeiro derbi costeiro, e o CD Baio visita ao SD Valiño. A liga comeza o 10 de Setembro, e remata o 19 de Maio do 2024. Haberá un ascenso direto, promocionarán o segundo e o terceiro e haberá 3 descensos diretos.

 

Rachón novo adestrador do CF Mazaricos Feminino

O xogador Rachón será o que leve o equipo feminino da 3ª División Galega no eido de Borja Busto que foi o que dirixeu o equipo a pasada tempada. Polo de agora é toda unha incognita como repartirá a RFGF os grupos do fútbol feminino costeiro, aos que se unen esta tempada o Muxía CF, Cabana SD, SD Fisterra, Camariñas FC, Outes FC, e algún máis.

 

Integrantes do Club Ciclista “Baikers do Vilán”.

 

Oito ciclista camariñáns irán ata La Turballe, (Francia)

O Concello e o club ciclista PC Baikers do Vilán organizan para a próxima semana unha viaxe en bicicleta desde Camariñas ata La Turballe, localidade francesa coa que, hai seis anos, se estreitaron lazos a través dun irmanamento. Serán oito os ciclistas do club Baikers do Vilán de Camariñas os que fagan a ruta. A saída está prevista para o próximo xoves, 24 de agosto, ás 9 horas desde a praza da Insuela e a chegada a La Turballe sería o 1 de setembro. O itinerario dividirase en oito etapas : Melide, Villafranca del Bierzo, León, Burgos, Elgoibar, Mimizan, Royan, Jard sur mer e La Turballe.

 

Corcubión e Camelle disputaron un amigable

O Corcubión, recén descendido da Liga da Costa e o Camelle, recén ascendido a mesma xogaron na tarde do Domingo un amigable de preparación no Novo Cubaleiro. O resultado foi de 4-0 para os corcubioneses.

 

O Cabana Feminino xogou dous amigables nas Redondas

O Cabana SD Feminino, equipo de nova factura que dirixirá José Manuel Vázquez, xogou na mañán e tarde de onte un par de amigables. O primeiro foi contra o veciño Sporting Seaia CF, tamén equipo novo. Xogouse no sistema de Fútbol 7. O resultado foi de 1-2 para as seiaiesas, e pola tarde xogaban contra outro veciño de proximidade, o UD Cerqueda. Neste caso a vitoria foi para as cabanesas por 1-0.

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto ciclistas : Departamento Prensa Concello de Camariñas