ESCOLMA DE NOVAS DO FÚTBOL DA COSTA MASCULINO FEMININO E DE BASE : CABANA, CORME, PONTECESO, MUXÍA, AMEIXENDA, CORCUBIÓN, BERGANTIÑOS FEMININO, DUMBRÍA, BAIO, CAMARIÑAS…

Foto de familia dos senior do Cabana e Os Castros.

 

Un Memorial “Álex Pombo” para Cabana e outro para Os Castros

O campo de “As Redondas” albergou o “Memorial Álex Pombo”, tal como vos anunciábamos a pasada semana, nél os equipos xuvenil e senior do Cabana SD enfrontábanse o Ponteceso SD e Atlético Os Castros, respectivamente. Primeiro xogaron os xuvenís e a vitoria era para os cabaneses, que derrotaban por un axustado 4-3 ao Ponteceso SD. No tocante ao enfrontamento dos senior, caían nun entretido chouqe, tamén con moitos goles, por 4-5, facéndose co trofeo o Atlético Os Castros, da Coruña. 

 

Homenaxe a Bruno Castro do SD Ameixenda

O vindeiro sábado a partires das 18:00 horas no San Paio de Refoxos, (Xallas-Cee), o SD Ameixenda e o UD Corcubión, xogan o encontro Homenaxe a Bruno Castro, na memoria do malogrado ex xogador dos amexeindeses, en accidente de tráfico no 2019.

 

Comezan os adestramentos para os equipos de F8 do CF Dumbría.

Este vindeiro xoves 8 de Setembro ciomezan a adestrar os equipos de Fútbol 8 do CF Dumbría. O Benxamín Mixto, Alevín Mixto e Promesas Feminino terán o seu primeiro contacto co Conco dende ás 17:30 horas, para os dous primeiros e media hora máis tarde para as rapazas.

 

 

Tres vitorias e 2 derrotas para os equipos do Corme CF 

Os equipos do Corme CF xogaron esta pasada fin de semana 5 encontros, 2 o sábado e 3 o Domingo. O sábado o equipo de infantís enfrontábanse ao Imperator, choque que acababa ca vitoria dos visitantes por 0-3. Despois era o turno dos cadetes que tamén xogaban co Imperator da Coruña, que tamén caía, neste caso por 2-5. O Domingo a primeira cita era a dos veteranos que recibían ao Cabana SD, e levábanse a vitoria por 3-1, logo era o turno dos xuvenís, que xogabán ante o SCD Pastoriza, e tamén gañaban por 3-1, para rematar cos senior, que se batían co SD San Lorenzo, rival na vindeira Liga da Costa dos cormeláns. A vitoria era para os do Cairo por 3-1, resultado repetido en toda a xornada dominical. Destacar un gran gol de Quique, dende o saque de portería.

 

O Camariñas golea ó CD Muros con Djibril en plan estrela.

O Camariñas FC, recibeu no Hermanas Patiño o pasado sábado ao CD Muros, nun amigable antre dous equipos que serán rivais na vindeira Liga da Costa. Ainda que nos amigables de adestramento o resultado en sí, non é o que importa, os camariñáns gañaban por 6-3, nun bonito choque para os afeccionados. Destacar o papel de Djibril, que fixo 4 das dianas camariñanas, e deu unha asistencia.

 

O Muxía CF segue a dar boas sensacións.

Os muxiáns que viñan de facer un gran encontro no Conco ante o CF Dumbría, (2-2), o pasado mércores, visitaban o Domingo ao CD Baio, outro rival da 1ª Galicia, e a vitoria levábana os da Vila da Barca por 2-3. Os muxiáns levan 4 choques nesta pretempada, derrotaban no primeiro ao SD Fisterra, (Preferente Norte), por 3-0, caían ante o CD Baiñas, (3ª da Costa), por 0-1, e os dous citados. Ademáis esta semana anunciaban a incorporación do lateral dereito Matías Camanzo, ex do Silleda CF.

 

Duas altas no Bergantiños Feminino

O Bergantiños FC informa que a xogadora Valeria Marta Naya incorpórase ao Bergantiños Feminino.
A central/lateral dereita (15/04/2006), natural de Arteixo, promociona ao equipo sénior feminino logo de formar parte a tempada pasada do Feminino B. Grazas ao seu traballo, constancia e esforzo convértese nesta Temporada 22/23 nunha “Guerreira” máis.

“Estou moi contenta e moi cómoda adestrando co Feminino A e de poder formar parte do plantel para esta campaña. As sesións son moito máis esixentes, duras e moito máis físicas e agardo poder dar o mellor de min”, indica Valeria Marta.

Tamén é nova incorporación a de Blanca García Couceiro que  formará parte do proxecto desta Temporada 22/23 do noso Feminino.

A extremo/dianteira de Sada (14/05/1992), procede do Victoria C.F. de 1° Nacional. Anteriormente militou no Betanzos C.F , desde a tempada 17/ 18 ata a 19/20, en Primeira Galega, liga na que competiu tamén co Torre SD Femenino .

 

Calendario Liga da Costa

Días atrás presentámosvos o calendario da Liga da Costa 2022/23. Podes ver PREMENDO AQUÍ, como será a liga deste ano e o calendario completo.

 

Calendario 3ª da Costa

Días atrás presentámosvos o calendario da Liga da Costa 2022/23. Podes ver PREMENDO AQUÍ, como será a liga deste ano e o calendario completo.

 

Se queres que informemos dos movementos e novas do teu equipo, sexa do deporte que sexa contacta connosco en info@piratasdemuxia.es ou no whatsapp 626 72 00 47, así coma se che interesa publicitar o teu negocio. Cada día en torno a 60.000 visitas.

 

-Foto : Cabana SD e Edu Cambón

-Texto : piratasdemuxia.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies