ESCOLMA DE NOVAS DO FÚTBOL DA COSTA : “DE COPAS E DESPEDIDAS”

 

Pablo Torreira deixa o CD Baio

O CD Baio, anunciou nas suas redes sociais que o ata o de agora seu adestrador, Pablo Torreira, non continuará no clube. O clube despedía o adestrador dicindo : “Grazas por tanto, Pablo. É difícil ser tan ADN Baio en tan pouco tempo. Aquí queda unha familia celebrando os teus triunfos, que oxalá sexan tantos como mereces. Grazas por ser tan de nós”. Pola sua banda o adestrador despedíase de tódolos que forman o decano do fútbol da costa cunha emotiva carta : 

 

A SD Sofán prescinde do adestrador Alberto Rodríguez 

A SD Sofán anuncia nas suas redes, un troco no banquillo do equipo, polo que Alberto Gómez deixa de ser o seu adestrador. O clube sofanista despedíase así de Alberto Rodríguez. “Dende a dirección da SD decidimos dar un cambio no banquillo, Alberto Rodríguez deixa de prestar os seus servizos coma adestrador. Alberto deixa en este clube tres anos que pasarán a historia, unha primeira gran temporada cortada pola pandemia, unha segunda con un ascenso a 3ª RFEF e esta pasada na que o nome do clube viaxou por toda Galicia. Consideramos que e o momento de emprender un novo proxecto, cheo de ilusión, caras novas e con grandes obxetivos.

Gran profesional, gran persoa e sen duda un gran adestrador que a bo seguro voltaremos muy pronto a velo polos campos de fútbol.
Alí a donde vaías.
.
Alberto Rodríguez despedíase así da familia sofanista despois dos seus brilantes 3 anos no clube :
.
.
.
Ánxo Gómez deixa a presidencia do CF Lira
.
Ánxo Gómez, presidente nos derradeiros 6 anos do CF Lira, que a vindeira tempada competirá na 3ª da Costa, despedíase na “Paxina Roxiña”, rede social do clube liracho en FaceBook, cunha emotiva carta para “os seus” : 
.
Casi 6 anos pasaron dende que arranquei nesta miña 2° etapa como directivo do C.F. LIRA aquel mes de xullo do ano 2016. Tendo a inmensa honra de ocupar o cargo de presidente durante estes últimos catro anos, por tanto, finalizada esta tempada 21/22 remata o meu período de mandato.
.
Quero expor pra xeral coñecemento que NON vou a presentar candidatura pra ser reelexido nun novo mandato a fronte do noso clube, presentando a miña dimisión para facilitar, en tempo e forma, a chegada dunha nova xunta rectora.
.
Márchome triste porque me toca asumir a responsabilidade dunha tempada no que todo se comezou a torcer dende o inicio, e da que estamos abocados ó descenso de categoría por culpa dos “arrastres”, a pesar da boa fase de permanencia que o equipo levou a cabo.
.
Pero este non é o motivo principal desta miña decisión, a cal xa tiña tomada dende fai varias semanas independentemente do desenlace final da tempada, porque non é ningunha deshonra descender, e máis tendo en conta a base do bo equipo que temos a día de hoxe…e tendo en conta tamén que son varios os camiños xa iniciados pra que o clube continúe o seu proceso de crecimento.
O motivo principal é que tras casi seis anos de traballo para impulsar o clube económica, social e deportivamente necesito parar un tempo por motivos persoais e de saúde. Agardo que se me comprenda .
.
Chegados a este punto é o intre de dar as GRACIAS aos socios que confiaron en min elexíndome para o cargo. GRACIAS a tanta e tanta xente que me axudou e me apoiou a min e ó noso Lira durante todo este tempo: Compañeiros de directiva, patrocinadores, amig@s, medios de comunicación… a todos/as os que levades ó noso Liriña ahí adentro de vós. Mensión espesial pra meus pais, que teñen o seo janado conmijo… tódo-los familiares de directiv@s de fútbol modesto saberán ben ao que me refiro!!.
.
As miñas sinceras disculpas por todos os fallos cometidos, ninguén nace aprendido e moitas veces túvenme que conformar máis ben con facer o que puiden e non o que quixese. Sempre intentado buscar o mellor para un clube no que cando recalei estaba en estado crítico económica, social e deportivamente.
.
Voume co orgullo ferido pero coa conciencia tranquila, as mans baldeiras e a gran honra de traballar para o C.F. LIRA, contribuíndo a espallar o sentimento roxiño a xente de calqueira edade, en calquera parte do mundo.
.
Para eso foime de gran utilidade a Páxina Roxiña, esta bárbara ocurrensia miña que rematou sendo a casa virtual de toda a familia roxiña, traspasando incluso os límites do ámbito deportivo.
.
“Mamaíña quirida”… cantas e cantas horas, discurrindo, preparando e tecleando en reportaxes, partidos, entrevistas, crónicas… Dalgún xeito desexaba que a xente participase da actualidade do equipo e deixar plasmadas pra sempre as peculiares andainas do noso histórico clube e dos seus protagonistas. Sempre desde o meu particular punto de vista e forma de narrar. A Páxina Roxiña levou sempre ese sello propio e agora tamén lle toca parar e descansar. Continuarei escribindo, pero de outras cousas e noutros lados.
Unha porta que se pecha
…e outras se abrirán!! .
.
Por tanto aquí vai este derradeiro e tan especial peche desta etapa miña e do C.F. LIRA: VAMOS ROXIÑOS!!!!!”.
.
.
.
Este sábado finais das Copas da Costa Xuvenil, Cadete e Infantil
-Preme AQUÍ para ver a previa da final da Copa da Costa Xuvenil
-Preme AQUÍ para ver a previa da final da Copa da Costa Cadete
-Preme AQUÍ para ver a previa da final da Copa da Costa Infantil
.
.
.
Malestar en pais e nais pola sede da Copa da Costa Cadete
.
Xa apuntábamos durante esta semana na previa da Copa da Costa Cadete, que tivéramos moitas mensaxes de malestar por parte de afeccionados de Muxía e Cerqueda sobre a sede da Copa da Costa Cadete. Non polo campo do Agra de Filgueira, que é un campo espectacular, do milloriño que nos podemos atopar na Costa da Morte, senón polo lonxe que lles queda a cerquedenses e muxiáns a hora de desprazarse para ver aos seus compañeiros, fillos, netos, amigos, ou simplemente, rapaces do clube da sua vila.
.
Estas críticas tras poñer a previa creceron, e recibimos un sinfín de mensaxes de whtasapp, messeger, e no correo da nosa web e no meu particular, (e en Muxía de ti a ti), todos eles protestando polo mal que lle fai esto ao fútbol e aos rapaces, que cun campo máis neutral poderían vivir unha mañán co campo cheo animándoos, moito máis ca terse que desprazar máis dunha hora por parte dos de Muxía, e hora e media para os de Cerqueda, amén de ter que madrugar para estar para o encontro das 12:30 horas e nalgúns casos non poder ir polos que faceres cotiáns, tendo en conta que o encontro remata a 13:30 horas, máis prolegómenos.
.
Non imos a poñer aquí mensaxes recibidas, xa que o sentir común, dito dunhas maneiras e outras é o descentralizado da sede.
.
Non é disculpa que os derradeiros anos xa sempre se fixeron xuntas, pois, (con todo respecto as xentes do Monte Louro e de Louro), hai campos moito máis céntricos para os 4 equipos que xogan nas duas finais, na de Infantís e Cadetes.
.
.
.
-Foto e Texto : piratasdemuxia