ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO FÚTBOL COSTEIRO

“Campo da Arliña”, (Muxía).

 

O FC Camariñas xogará en Muxía os encontros do “desterro”

O FC Camariñas na persoa de Vicente Carril púxose en contacto co presidente do Muxía CF, Juan José Busto para tentar de xogar no Municipal da Arliña os 3 encontros que ten de sanción o clube camariñán polos incidentes na Copa. O clube camariñán que milita na 3ª da Costa deberá xogar 3 encontros lonxe do Hermanas Patiño e dous máis a porta pechada segundo a dura sanción federativa. Por parte do máximo mandatario muxián non hai problema, agora deberán decidir dende o consistorio muxián, dono do campo. O máis normal é que non haxa problema, só cadrar horarios para non coincidir cos equipos muxiáns. O Muxía CF fai un par de anos tamén tivo que xogar no desterro varios encontros de liga, así coma os adestramentos de pretempada, por mor das obras no seu campo e fíxoo no campo dos camariñáns. Ambos equipos están a completar as plantillas para a vindeira tempada. Nos muxiáns ata o de agora a única alta é a de Martinciño no apartado de xogadores, e no de técnicos, Diego Lobelos e óscar Leis. Nos camariñáns a confirmación de Berto Suárez no banco é a principal novidade.

 

Juni dirixirá a SD Coristanco

Trala marcha de Eloy Calvo, (campión de liga invicto co equipo da Terra da Pataca), por asuntos laborais que lle impedían levar o equipo, a SD Coristanco deicdeu contar para o seu sitio con Alejandro Rodríguez, “Juni”, un dos grandes “artilleiros” da costa, que se retirou do fútbol en activo, tras unha grave lesión nun encontro antre o San Lorenzo de Verdillo e o Muxía CF. Agora toma as rendas do clube coristanqués no que a principal baixa é a de Lagoa que se enrolou nas filas do Xallas FC da Preferente e o meta Diego Mallo que asinou polo CD Baio.

 

Asemblea de socios e actualidade do UC Cee

O vindeiro luns 7 de Xuño a partires das 20:00 horas, (media hora máis tarde en 2ª convocatoria), terá lugar no Local do Club, no antiguo “Raices”, a Asemblea Xeral de Socios do UC Cee, (3ª da Costa), na que ademáis de aprobar o acta anterios, farase balande deportivo e económico da pasada tempada, haberá modificación en cargos da diretiva, farase a planificación da vindeira tempada e rematarase cos “Rogos e preguntas”. O clube ceense ademáis das renovacións de Leo Picallo, Xabi, Borja, Jorjito, Martín, e Tore, pechou as fichaxes do adestrador Rafa Suárez, (que xa estaba na base), e do xogador Josiño.

 

Movementos no CD Baio

Todo comezou a moverse no CD Baio, (1ª Galicia G2), coa decisión de seguir na presidencia Chino, tras 3 asembleas tratando de que alguén se fixese co mando do clube. Logo comezaron as renovacións, baixas e altas. No tocante as renovacións a maioría dos xogadores seguen : Pedro Gómez, (adestrador), Martín “MC”, Bieito, Porty, Damián, Norberto, Yago, Pablo, Adrián “Peke”, Rubio, Julián, Sergio, e Álex.  No tocante as baixas, non seguen : Isaac, Dani, Iván Rogo, Álex Figueiras, e Moreno. E no que se refire a novas caras : Braian, que chega do Orillamar Xuvenil, Manu, que chega do Atlético Coruña Montañeros, e o meta Diego Mallo, que chega do SD Coristanco.

 

Renovacións e altas no SD Sofán

O SD Sofán que continuará xogando na Preferente Norte trala gran campaña pasada renovou aos xogadores : Luis, Canedo, Jacobo Eibe, Iván Parafita, Serafín, Adrián Quintela, Alexandre, Jonathan, Matías Navarrete,  . No apartado de altas chegan : O meta, Álex López , procedente do Somozas, Rubén Balsa, lateral esquerdo procedente o Bergantiños CF, así coma Diego Rodríguez e Pablo Carro, e o meta Brais Gómez, que tamén chegan do clube carballés co que o SD Sofán asinou un acordo de colaboración. Outra das caras novas é Dani Viqueira, ex do Victoria que por asuntos persoais resideu en Cantabria, onde xogou co Barquereño co que acadou o ascenso a 3ª División. 

 

Actualidade no UD Cerqueda

Roberto García, presidente do UD Cerqueda, (Liga da Costa), tal como puxemos nuns breves costeiros a mediados de Xuño, comezou ca renovación de Michel no banco do clube cerquedense. Un Michel que tomou as rendas do equipo no treito final da liga no eido de Raúl Periscal que deixou o equipo pro problemas persoais. Michel pasou de calzar as botas a dirixir e seguirao facendo. No tocante a novas fichaxes chegan : Eloy Arantón, procedente do Xallas FC, Estefan Calvo do Bergantiños Xuvenil, Breogán do Queixas CF, Diego Fernández, ex do SD Sofán, SCD Malpica ou Sporting Zas.

 

Juan de Dora ficha polo UD Paiosaco

Un paso máis adiante na carreira do lourés, Juan de Dora. O xove xogador que a pasada tempada militou no SD Sofán ven de asinar polo UD Paiosaco Hierros Añón, polo que da un paso máis pasando da Preferente Norte a 3ª División.

 

Acutalidade nas fichaxes do SD Fisterra

O clube fisterrán que ven dunha tempada para enmarcar e gardar para sempre no recordo, comezou renovando para o novo proxecto na Preferente Norte ao “buque enseña” do clube, o dianteiro Adrián “Makaay”, para continuar con : Aarón, Breixo, Iván Bouzón, Capelo, Roa, Dani, Julito, Jesús, Fabián, Andrés, e Adrián. No que se refire a fichaxes o equipo refórzase con : o meta Jorge, procedente do CF Dumbría, Herbert, ex xogador do Fabril, Cerceda ou Boiro antre outros, Pablo Vigo, ex do Soneira, Xallas ou Betanzos, antre outros.

 

IV Campus do Fisterra 

Mañán a partires das 11:00 horas e ata ás 13:00 horas hai xornada de portas abertas no “IV Campus do Fisterra”. Un campus que terá lugar no Ara Solis e que comezará coas clases o deporte e a diversión o vindeiro 8 de Xullo e ata o 12, (inclusives), na primeira semana de campus. A segunda semana comezará o 15 e rematará o 19.

 

 Carnaval de Verán dos “Rapacollóns Big Band”

Mañán sábado é o día esperado. Os “Rapacollóns Big Banda” retornan co seu Carnaval de Verán, que comezará cunha concentración de disfraces na Ribeira, onde Ánxo Pérez dará o pregón, pistoletazo de saida para unha gran festa no Cabo da Vila e no Cabo da Xesta. Haberá un desfile de disfraces ata a Praza da Vila, onde haberá unha exhibición de batukada. A festa animarana as discotecas móviles, Dicos CDC e Xilo Music.

 

Mañán decidirase o futuro do SD Camelle

A diretiva sainte do SD Camelle, (3ª da Costa), dou unha semana máis para ver se alguén se quer facer cargo do clube e non dalo de baixa federativa. Mañán sábado 6 de Xullo terá lugar unha xuntanza no campo do “Rodeiro” ás 12:00 horas, de non aparecer alguén que se faga cargo, de non chegar ningunha candidatura procederíase a dar a baixa federativa a un dos clubes históricos da costa.

 

AVISO

Nesta sección só poñemos novas dos clubes que eles mesmos, ou algún, xogador, adestrador ou afeccionado nos mandan. Non queremos que se pense que poñemos as noticias duns clubes e doutros non.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies