ESCOLMA DE NOVAS DO FÚTBOL COSTEIRO : XALLAS, SAN LORENZO, CORME, CEE…

 

O Xallas presentarase o 3 de Setembro ante a sua afección

Despois de que xogue 4 encontros amigables, o novo Xallas FC, (1ª Galicia G2), presentarase cun amigable na Fontenla ante a sua afección. Primeiro xogarán  no seu estadio ante o CF Mazaricos, mañán 12 de Agosto, para logo o 25 visitar no Reboredo ao SD O Pino, e tres días despois ó 28 de Agosto visitar no Platas Reinoso ao CD Baio, e o 30 en Baño, onde se enfrontarán o Cordeiro, para rematar a pretempada cun choque ainda por determinar, Na Fontenla ó 3 de Setembro.

Fichaxes : Adrián Vázquez, (adestrador), Esteban Capelo, (SD Fisterra), 

Renovados : Carlos Rieiro, Caneda, Brais González, Aitor Seoane, Iván Couto, David Freire, Adán, e Jorge Colón. 

Outros asuntos : Novo presidente Javier Silvariño

 

Iván Rojo reforza ao San Lorenzo

O SD San Lorenzo, (Liga da Costa), informa da incorporación de Iván Rojo ao seu plantel. O equipo verdillés, está a conformar unha gran plantilla, coas miras na volta a 1ª Galicia.

Fichaxes : Dani Casal, (adestrador, ex das categorías de base do RC Deportivo), Benjamín, porteiro que chega dende o Ponteceso SD, David “Mante”, e Jairo Varela que veñen do SCD Malpica,  Lucas, central que chegou dende o SD Sofán. Andresito Martos, que chega do Distrito Ventorrillo FS.  Rojo, chega ao equipo de Verdillo dende o CD Baio. 

Renovados : Sergio “Puyol”, Lucho, Kuki, Fidi, Raúl, Diego Varela, Alberto Mato, Alexis, Eloy Arantón, Pablo Garrido, Taibo e Padín.

 

Dobre cita o vindeiro Domingo  no Corme CF

O vindeiro Domingo 14 de Agosto o Corme CF porase o traxe de gala no campo “O Cairo”, para ver a posta en escea do equipo senior e o xuvenil. Ás 17:00 horas serán os xuvenís os que saltarán o campo para enfrontarse ao Atlético Os Castros. Un par de horas máis tarde, tralo remate dos senior, (19:00 horas), no banco volve a sentarse, José Ángel Pérez, que ten como caras novas a Martín Martínez e Isra, e repiten : Adrián, (porteiro), Brais Pailos, Brais Andrade, Noel, Aitor, Manu Bermúdez, Javi Peón, Samu Costa, Diego, Alejo Cambón, Jesús, Eloy, Hugo, e Lucas. O rival tamén será o equipo coruñés, Atlético Os Castros, desta volta o senior.

 

Este sábado UC Cee e CF Dumbría nos Trofeos da Xunqueira

Este sábado 13 de Agosto terá lugar o Trofeo Virxe da Xunqueira en Cee, a 51ª edición no masculino, e a 3ª no feminino. As primeiras en disputar o trofeo das festas ceenses, serán as féminas, e terán como rival o UD Cerqueda, será ás 17:30 horas no Sampaio de Refoxos. Duas horas despois, (19:30), será o turno dos homes. O UC Cee enfrontarase ao CF Dumbría.

 

Se queres que informemos dos movementos e novas do teu equipo, sexa do deporte que sexa contacta connosco en info@piratasdemuxia.es ou no whatsapp 626 72 00 47, así coma se che interesa publicitar o teu negocio. Cada día en torno a 60.000 visitas.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia