ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO RC DEPORTIVO :

 

Dani Giménez non seguirá no Depor

O meta vigués Dani Giménez recuperou no Depor a esencia do seu fútbol, dous anos sendo indiscutible para tódolos adestradores que pasaron nestes dous anos que o meta defendeu a nosa porta e sen unha queixa, detro, e fora do campo. Un dos do podio a hora de sair a falar en rolda de prensa ou zonas mixtas e un porteiro que deu moitos puntos. Mágoa o desestabilizada que estivo a plantilla na primeira volta deste pasado curso, no que se gañou a renovación, pero o descenso dictado pola LFP e o CSD fai que os destiños de Depor e Dani Giménez se separen. Agora a espera da chegada dun novo meta, Fernando Vázquez ten en plantilla aos cancerbeiros canteiráns, Alberto e Pablo Brea, dous xogadores de gran proxección e de futuro. A Dani Giménez o noso desexo de que todo che vaia do milloriño no seu novo destiño, pois todo apunta a que non seguirá no equipo, a falla da confirmación por parte do clube.

 

Guilherme Dos Santos deixa o Olympiakos e podería deixar cartos o RC Deportivo

Guilherme Dos Santos que deixou o RC Deportivo no 2018 tras duas tempadas na Coruña, para recalar no Olympiacos grego a troco de 2,5 millóns de euros, anunciou no seu Twitter que abandoaba o clube heleno no qu lle quedaba un ano de contrato. O seu destiño apuntan que será Catar. O brasileiro foi vendido sendo presidente Tino Fernández cunha clausula de que en caso de venda o Depor recibiría un 10% do montante da operación. Fálase de 5 millóns de euros o que lle costará o clube catarí o xogador, polo que o clube deportivista recibiría 500.000 euros.

 

Alfonso Serrano novo Secretario Técnico

Alfonso Serrano Mosquera (9-12-1970, Valladolid) incorpórase ao RC Deportivo como Secretario Técnico. Como futbolista defendeu as camisetas do Real Valladolid, CD Numancia ou CD Leganés. Xa fóra dos terreos de xogo, Alfonso Serrano pasou pola secretaría técnica do CD Numancia, Real Valladolid, Valencia CF, Recreativo de Huelva, Málaga CF, Córdoba CF ou CD Tenerife. Desta forma, o Club inicia os axustes na área deportiva que anunciou en rolda de prensa a pasada semana Richard Barral, Director de Fútbol. Agora falla saber quen será o segundo de abordo de Fernando Vázquez, que será unha decisión do propio adestrador.

 

Celso Borges apunta o Depor

Tras rescindir contrato co Goztepe turko, o costarricense segundo varios medios de comunicación galegos, está moi preto de retornar o Depor. Él mesmo despedíase dos afeccionados turkos decindo que buscaba acabar a sua carreira nun clube que fose para él a mellor : “opción deportiva e persoal”. 

 

Tódalas novas do RC Deportivo

PREME AQUÍ

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies