Presentada a 1ª Equipación 2024/25 adicada a Arsenio
No día de onte a campaña de presentación das novas camisteas arrincaba cun xeroglífico en maneira de vídeo no que asomaba un rapozo. Calquera se podía imaxinar que se trataba de que a camiseta que se ía a presentar tería alo que ver con Arsenio Iglesias, o noso “mister eterno”. Moitos xa fixeron cábalas e algún quedou decepcionado pois epserba outra cousa. Tamén hai que dicilo, os de sempre de Twitter e demáis redes sociais, aos que o ano pasado nonlles valía Balenciaga, nen Parreño, nen José Ángel, nen Ximo, etc…xa sacaron a afiar as máquinas das protestas.
A camistea é unha homenaxe a Arsenio Iglesias, co nome de “Arsenio Estrela” e o slogan de “Guíanos de novo”. Está basada nun dos modelos que visteu Arsenio na siua época vomo xogador branquiazul. E destaca a sutileza cos detalles como a marca que vai consonancia cas cores, non como a do ano pasado que ían en vermello.
Arsenio disputou 146 partidos oficiais co Dépor, nos que anotou 34 goles, entre 1951 e 1957., e non será tan só esta camistea a que se lle adique, despois do seu pasamento o pasado ano, senón que tamén irán en consonancia as outras duas.
A camiseta xa está a disposición dos deportivistas tanto na tenda oficial como na online.
Mella xoga a semifinal do Sub 19 este xoves ante Italia
David Mella foi un dos máis destacados do Francia-España deste pasado luns en Irlanda do Norte, nun choque no que dispuxo de duas bboas ocasións na primeira metade e no que deu a asitencia do gol do empate cando os españois perdían por 1-0, pasada a hora de xogo. Pouco máis estivo no campo tralo gol, xa que foi cambiado no 70. Remontaron os de José Lana, pero Francia consigueu empatar no derradeiro minuto de xogo. Mella e os seus compañeiros xogarán asemifinal do torneo ante Italia este xoves 25 de Xullo a partires das 15:00 horas, encontro que en principio está anunciado en direto por Teledeporte, de non ser así, como pasou ante Francia, pode verse en direto por RTVE Play. Co pase a semifinais tamén acadaron os españois o pase a unha praza no mundial Sub19.
Marina Artero na semifinal do Sub19 feminino
A deportivista Marina Artero está concentrada coa selección española sub-19 en Kaunas (Lituania) con motivo da Fase Final do Campionato de Europa da categoría. Inglaterra, mañán mércores 24 de xullo ás 13:00 en Marijampole, será o rival de España por un posto na gran final.
O 28 remata o prazo de abonos conservando o asento
Xa van retirados máis de 19.000 abonos para a 2024/25, e este vindeiro Domingo 28 de Xullo remata o prazo para os socios que queiran que se lles respete o seu asento. Logo haberá de prazo do 30 de Xullo o 8 de Agosto para trocar de asento ou grada, para dende o 13 de Agosto abrirse o prazo de novas altas, para as que hai unha lista de espera de máis de 11 deportivistas. Asimismo ata fin de mes de Xullo está aberto o prazo de suscripción de accións por parte dos accionistas do clube.
Escudero foi presentado npo día de onte como nova incorporación
Sergio Escudero Palomo (Santovenia de Pisuerga, Valladolid, 2 de setembro de 1989), coñecido como Escudero, foi presentado esta mañá como novo xogador do Dépor para as próximas 2 temporadas.
Abriu o acto na sala de prensa Fernando Soriano, Director Deportivo do Club, quen subliñou as súas “grandes calidades técnicas. Saído da canteira do Real Murcia, xogou no Schalke, Sevilla, Granada, Valladolid… equipos importantes. É campión de Europa League, xogador de Champions League tamén. Un reforzo importante que á parte de darnos experiencia dános un plus de calidade e saber estar”.
Pola súa banda, Escudero afirma que os seus primeiros días na Cidade Deportiva “foron moi bos. A acollida do Club, dos compañeiros, de toda a xente, mesmo da Coruña cando baixamos a visitala foi moi boa”.
Asegura que escolleu ao Dépor porque “desde o principio puxeron toda a súa confianza en min e creo que é un proxecto moi bonito, están a facerse as cousas moi ben e por iso decidinme a vir”.
De feito, lembra que “o Dépor é un equipo histórico. Vivín moi bos anos do Deportivo e máis aló de #ANOSAFORZA, de todo o que me falaron, que é fantástica, que aperta como ningunha. Ver ABANCA-RIAZOR cheo ponche a carne de galiña en canto ves vídeos”.
Primeiro amistoso da tempada hoxe no Couto en direto por YouTube
A DéporXira Auga de Parada comezará esta tarde coa estrea branquiazul este verán no estadio do Couto ante o Ourense CF ás 20:00 horas, na 1ª edición do Trofeo Miguel Ángel.
Auga de Parada fará posible, un ano máis, a retransmisión dos encontros de pretemporada pola canle oficial do Club en YouTube a excepción, polo momento, do encontro do martes 30 en campo do FC Famalicão.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”