ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO RC DEPORTIVO : MAÑÁN ROLDA DE PRENSA DO PRESIDENTE…FICHAXE NO DEPORTIVO FEMININO…DESPEDIDA DE IVÁN GUERRERO…RUMORES, ETC…

Rumor sobre posible ampliación de Quiles.

 

Mañán rolda de prensa de Antonio Couceiro

Segundo informan varios medios, mañán ás 10:00 horas, o presidente do RC Deportivo, Antonio Couceiro, dará unha rolda de prensa para falar sobre diversas cuestións do clube.

 

Fálase da ampliación de contrato de Alberto Quiles 

Varios medios de comunicación fanse eco da nova, (ou bulo), de Cazurreando, de que Alberto Quiles está negociando unha renovación do seu contrato, que acaba o 30 Xuño do 2023, ampliando ata 2025. Sería a mellor nova para todo o deportivismo nesta época estival, xa que o andaluz apunta a xogador dos grandes, por números, por entrega e por rexistros técnicos.

 

 

Carlota Suárez nova xogadora do Deportivo Feminino

Carlota Suárez Crespo (Vigo, Pontevedra, 19 de xullo de 1997) converteuse en nova xogadora do Deportivo ABANCA para as dúas próximas temporadas.

A dianteira pontevedresa procede do Real Oviedo Femenino, conxunto no que militou as dúas últimas temporadas despois de acabar de formarse no fútbol estadounidense. Carlota Suárez xogou no Tyler Junior College na campaña 2016-2017 e no equipo da Sam Houston State University entre 2017 e 2020. Nos seus comezos, entre 2012 e 2016, a futbolista galega militou no CF Pozuelo de Alarcón.

A pasada campaña, Carlota Suárez disputou co cadro asturiano o mesmo campionato que o Dépor ABANCA, o grupo Norte de Reto Iberdrola. A nova xogadora deportivista participou en 29 encontros, 22 deles como titular, anotando 7 goles. En Copa da Raíña xogou outros 2 encontros nos que marcou 2 tantos.

Carlota Suárez súmase así ao cadro deportivista tralas renovacións de Ainhoa Marín, Inés Altamira, Paula Gutiérrez, Raquel García e Patri López, máis Cris Martínez e Eva Dios, con contrato en vigor.

 

Iván Guerrero despídese do clube

O xove Iván Guerrero, (A Coruña-31/03/2001), despideuse por medio das redes sociais do RC Deportivo, ao que chegou fai 7 anos, sendo un meniño, pasar pola base ata o Fabril, e chegar a debutar co primeiro equipo, pon fin a sua vinculación co clube, con palabras de agradecemento para todos.

Patri López renova co feminino

Patricia López Andrés (Melide, 29/10/2000) continuará unha temporada máis nas filas do Deportivo Feminino.

Patri López cumprirá así a súa sétima campaña no conxunto branquiazul, aínda que non saltou ao terreo de xogo de Ponte dos Brozos (Arteixo) o 4 de setembro de 2016 fronte ao Oviedo Moderno CF, no primeiro partido oficial da historia do Deportivo ABANCA, e durante o curso 2017-2018 militou cedida no CPM Friol. Co primeiro equipo, a polivalente futbolista melidense xogou case sempre como lateral, principalmente pola esquerda.

-Fotos : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/rcdeportivo.es

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies