ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO RC DEPORTIVO : “HOXE AMIGABLE DE ALTA ESIXENCIA TELEVISADO EN ABERTO…MFULU RESCINDE CONTRATO…PRESENTACIÓN PAULA MONTEAGUDO…”

Non o lume carcel de por vida os incendiarios

Vaia por diante noso total apoio a tódolos que están a sufrir por mor dos lumes probocados nos nosos montes e onde queira que sexa. Queimar montes é poñer en perigo a vida de persoas, suas vivendas, operarios contra incendios, e sobre todo matar a nosa natureza milleiros de especímenes na flora e na fauna…Non o lume e carcel de por vida os incendiarios.

Amigable ante o Oviedo televisado en aberto

Na tarde de hoxe, a partir das 19:00 horas, disputarase o trofeo Emma Cuervo no estadio Pepe Barrera de Ribadeo, unha das citas clásicas do verán futbolístico galego. O encontro enfrontará ao RC Deportivo co Real Oviedo e poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube oficial do Deportivo.

Este será o sexto partido amigable da pretempada para o conxunto branquiazul, que vén de completar unha mini xira por Inglaterra con dous resultados axustados: unha derrota pola mínima e un empate fronte a dous equipos da segunda división inglesa.

En apenas tres días, o Deportivo volverá xogar, esta vez no prestixioso trofeo Teresa Herrera, que celebra a súa 80ª edición. Será no estadio de Riazor, o sábado 9 ás 20:00 horas, fronte ao Le Havre, equipo da Ligue 1 francesa.

O equipo continúa afinando o cadro de xogadores de cara ao inicio da tempada. Nas últimas horas confirmouse a saída de Mfulu, mentres que o futuro de Helton Leite depende de se o Fortaleza brasileiro aboa a súa cláusula de rescisión. Segundo fontes da prensa sevillista, o Deportivo ten no punto de mira ao gardameta rioxano Ferllo, que xa coincidiu con Antonio Hidalgo na súa etapa no Huesca.

Mfulu rescinde co RC Deportivo

Era un segredo a voces a baixa esta tempada de Mfulu tras non dar o nivel cando saeu a xogar e debido ao overbooking no medio do campo e a fichaxe de Gragera. 

Así o despide o clube : “O RC Deportivo e Mfulu separan hoxe os seus camiños. Desta forma, o mediocentro congoleño deixa de ser xogador deportivista. O Club quere agradecer a Mfulu o seu compromiso, esforzo, traballo e dedicación durante esta etapa no RC Deportivo. Así mesmo, o Club deséxalle moita sorte no seu próximo proxecto profesional”.

 

Presentación de Paula Monteagudo

Paula Monteagudo Ibáñez (Vigo, Pontevedra, 9 de maio de 2002) foi presentada este martes como xogadora do primeiro equipo do Deportivo ABANCA.

Após pousar para os medios gráficos, Kevin Cabado, xa na sala de prensa, subliñou que “se exemplifica que un dos alicerces do Club, que é a canteira, está a dar os seus froitos. Estamos ante unha xogadora que é exemplo diso”.

O responsable do Dépor ABANCA cre que Paula Monteagudo é “exemplo de traballo, de perseveranza, de paciencia e sobre todo de regularidade. Chega ao primeiro equipo após varias temporadas en #ANOSACANTEIRA, após 4 anos de estar no top 3 de goleadoras do filial, após ter presenza en todos os partidos nos que estivo dispoñible, após ser moi diferencial no ascenso que conseguimos o ano pasado a Segunda Federación”.

Apunta que a súa traxectoria “ten que marcar o camiño para toda xogadora de canteira porque soubo esperar, soubo cal é o seu momento e chegou máis preparada que nunca. Vímolo nestes primeiros partidos amigables. Tivo un rendemento moi alto”.

Pola súa banda, a futbolista viguesa confesa sentirse “moi feliz e orgullosa pola oportunidade. O Dépor demostra que está a apostar pola canteira. Cando es pequena e xogas ao fútbol todas temos ese soño de xogar en Primera División, en representar a un club histórico como o Dépor”.

Sente “con ganas de poder aproveitar todas as oportunidades que teña e de poder achegar en todo o que faga falta ao equipo”.

Monteagudo ve ao equipo “ben. Están a gustarme estas primeiras semanas de pretemporada. É certo que queda tempo para perfilar todos os detalles”.

Finalmente, a polivalente fubolista do Depor ABANCA márcase como obxectivo “gozar do proceso. Hai que ser conscientes de onde estamos. Hai que loitar, deixarme todo o que teño dentro e moito máis, tentar ser cada día mellor, gozar a experiencia e achegar desde o rol que sexa”.

Amigable hoxe contra un gran rival

Continúan os rivais de entidade na pretemporada do Dépor ABANCA após o SC Braga e o Athletic Club.

Así, un dos grandes equipos da liga portuguesa, o Sporting CP de Lisboa, vixente subcampión da máxima categoría, únese á lista de contendentes das Nosas.

O encontro, a porta pechada, xogarase este mércores 6 de agosto ás 12:30 (hora galega, 11:30 hora local) no Estadio Cidade de Lordelo en Lordelo (Portugal).