ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO RC DEPORTIVO : GAKU SHIBASAKI…ENTRADAS ESGOTADAS…XA SOMOS MÁIS SOCIOS CA TEMPADA PASADA…ETC…

O Comité de Competición non anula ningunha tarxeta a Gaku

 

Esgotadas as entradas para “o noso derbi”

Segudo nos informan dende o clube esgotáronse na tarde de hoxe as 1.100 entradas que quedaban para “o oso derbi” deste Domingo 1 de Marzal no que Depor e CD Lugo se enfrontarán no “Estadio de Riazor” e no que estrán presentes 1.500 afeccionados lucenses, aos que lle desexamos simplemente que o pasen tan ben coma nós cada vez que visitamos a fermosa cidade de Lugo, e que tome nota o seu presidente que non axudou nada cos prezos que nos pxo no encontro da primeira volta, cousa que ata os afeccionados lucenses criticaron e ata lles quixeron poñer a eles “Día do club” e cobrarlles.

 

Xa somos máis socios ca tempada pasada

O deportivismo non entende de “cintas cortas” a hora de estar co equipo, de nada que se vexa gañas e a inscrición de novos socios fixo que no día de hoxe se chegasen aos 23.510, con 19 máis ca pasada tempada.

Esta cifra, que aínda podería ser superior ao peche da campaña, é a sexta máis alta dos últimos 15 anos:

2004-2005 : 21.534
2005-2006 : 20.745
2006-2007 : 18.395
2007-2008 : 16.124
2008-2009 : 16.773
2009-2010 : 16.314
2010-2011 : 15.494
2011-2012 : 21.602
2012-2013 : 23.781
2013-2014 : 20.641
2014-2015 : 24.434
2015-2016 : 26.149
2016-2017 : 26.510
2017-2018 : 27.358
2018-2019 : 23.491
2019-2020 : 23.510

 

O Comité de Competición non anula ningunha tarxeta a Gaku

Que os cartóns a Gaku Shibasaki foron inxustos, foi unha cousa na que estivo dacordo toda a prensa deportiva galega e española. O RC Deportivo pideu a eliminación dos cartóns, pero unha vez máis e a pesares de estes dous derradeiros arbitraxes que perxudicaron seriamente o clube deortivista, nen anularon o de Vicente Gómez do encontro ante o Girona a pesares de recoñecer que o que lle dixo o colexiado non era un insulto, nen desta volta os que recibeu ante o Zaragoza, Gaku, que o primeiro nen falta é e no segundo é unha falta o intentar cortar o balón, sen tintes de amarela, simplemente unha falta. Respetuoso como son os xaponeses, nin protestou a pesares da inxustiza que sufreu él, os seus compeñeiros e o clube, poñendolle o encontro en bandexa o clube maño, moi amigo dos “amaños”.

 

Roldas de prensa de Sabin Merino e Carlos Pita

PREME AQUÍ

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es/RC Deportivo

 

Nos nosos “Vídeos Recomendados” abaixo de todo na portada da web tes ao instante tódolos vídeos que colga o RC Deportivo no seu canle de YouTube, incluso antes de falemos deles como noticia.

 

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies