O Real Unión oferta 563 entradas para o deportivismo
O RC Deportivo recibiu a comunicación por parte do Real Unión Club de que xa están á venda na súa páxina web as 563 entradas que pon á súa disposición para o encontro da 11ª xornada do grupo 1 de Primera Federación que se disputará no Stadium Gal, en Irún, o domingo 5 de novembro ás 16:00 horas. A afección deportivista segue a asombrar e de seguro que se venderá todo o papel, pois para mostra a asistencia ao campo do Sabadell, cas peñas da zona de Cataluña desbordando as expectativas, así coma afeccionados chegados de Galicia e o resto de España, o que fai supor que neste caso, na terra de Irureta, haberá tamén resposta multitudinaria, ademáis os prezos son acordes co campo e a categoría.
As entradas divídense en dúas localidades: 440 corresponden ao Fondo Norte e custan 10 euros. Os 123 restantes son para Tribuna Este e teñen un prezo de 15 euros. Todas elas pódense adquirir nesta ligazón.
Irene Ferreras recolleu o galardón de mellor adestradora da pasada tempada
Nun acto celebrado na Ciudad Deportiva de Las Rozas, a adestradora do Deportivo Feminino recolleu o trofeo de recoñecemento como a mellor adestradora da pasada tempada na 1ª RFEF Feminina. O ente federativo nacional premio o bo traballo da adestradora deportivista, que ademáis hai que ter en conta de que chegou nun mal intre para o equipo tralo “affaire” Miguel Llorente, e soubo endereitar o rumbo do equipo ata quedarse as portas de ascender por un só gol. Este ano e nestes intres ten o equipo como lider.
Ximo Navarro comeza a adestrar co grupo
Ximo Navarro entra na recta final da súa recuperación. Esta mañá, o defensor deportivista comezou o seu progresivo regreso ao traballo de grupo. Así, realizou as primeiras tarefas (activación e rondos) co resto dos seus compañeiros e a continuación seguiu o seu plan personalizado supervisado polo readaptador, Álex Canosa. Yeremay, Balenziaga, Jaime e Barbero están con traballo personalizado. Por outra banda, Martín Ochoa, Mella, Jairo, Rubén, Iano Simão e Marc foron os representantes da canteira no adestramento desta mañán.
O deportivista Íñigo Quintero nº 1 mundial en Spotify
O coruñés e socio deportivista, Íñigo Quintero ven se acadar por primeira vez na historia do Spotify España o número 1 mundial, algo que ata agora ningún español conseguira. Non deixes de escoitar o seu tema “Si no estás” que acadou o primeiro posto global do mundo.
Joaquín Sorribas novo responsable do área conductual e motivacional
O psicólogo deportivo Joaquín Sorribas incorpórase desde hoxe á organigrama do RC Deportivo como responsable da área conductual e motivacional do club, dentro da estrutura do novo Servizo de Atención ao Rendemento do Futbolista (SARF), nunha importante aposta para coordinar e reforzar todos os aspectos de mellora no rendemento dos e as futbolistas de todas as categorías neste ámbito.
O Ganzábal de Langreo escenario do encontro de Copa
O partido da primeira eliminatoria da Copa del Rey entre o CD Covadonga e o RC Deportivo disputarase finalmente no campo de Ganzábal, na localidade de Langreo, a 25 quilómetros de Oviedo, no horario previsto, o mércores 1 de novembro ás 17:00 horas.
O club ovetense recibiu inicialmente a negativa da RFEF a disputar o partido no seu campo Juan Antonio Álvarez Rabanal. A posteriori, o CD Covadonga solicitou ao Real Oviedo a cesión do estadio Nuevo Carlos Tartiere, pero o club carbayón non accedeu ás súas peticións. O RC Deportivo ofreceu ao conxunto asturiano o Estadio ABANCA-RIAZOR pero a RFEF trasladou que o encontro debe disputarse na comunidade autónoma de Asturias. O club asturiano agradeceu nun comunicado o ofrecemento da entidade coruñesa, así como as do CD Mosconia, Caudal Deportivo de Mieres, El Berrón FC, Ribadeo FC, o alcalde de Siero e, por suposto, a do UP Langreo. Tamén comunicou que proximamente informará sobre o sistema de venda de entradas para o encontro.
-Foto : RC Deportivo
-texto : Xosé Búa “Pirata”/ RC Deportivo