ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO RC DEPORTIVO : CIVADONGA NA COPA DO REY, ENTRADAS ESGOTADAS PARA SABADELL, JOSÉ ÁNGEL XOGADOR DO MES…ETC.

O Fabril goleou fai unha semana o Covadonga.

 

O CD Covadonga rival na Copa do Rei

O Deportivo visitará ao CD Covadonga de Segunda RFEF na primeira eliminatoria da Copa del Rey, que se disputará a partido único os días 31 de outubro, 1 ou 2 de novembro. O partido celebrarase nas instalacións do conxunto asturiano, o campo Juan Antonio Álvarez Rabanal de Oviedo, sempre que se cumpran os requisitos mínimos establecidos pola RFEF.

Esgotado o primeiro paquete de entradas para Sabadell

Esgotadas as 450 entradas que ofreceu o Sabadell para a compra online para os deportivistas. En vista a que se esgotou a grada que nos ofreceron tan axiña, o clube catalán amplía a zona visitante a limítrofe Gol Sur Lateral Sector GSZ3-32 para que poidan acudir máis deportivistas.

Ligazón para comprar entradas :  cesabadell.betix.tech/open#/checkout

José Ángel Xogador Estrella de Setembro

Jose Ángel Jurado de la Torre (Sevilla, 21 de xuño de 1992) foi elixido primeiro Xogador Estrella Galicia da temporada 2023-24 no Dépor, polas súas actuacións nos partidos disputados durante o mes de setembro (CD Lugo, CD Teruel, Unionistas de Salamanca CF, UE Cornellà) e o único celebrado en agosto (CF Rayo Majadahonda).

A terna de finalistas elixidos polos medios de comunicación que cobren a diario a información do equipo branquiazul foi a formada polo mediocentro andaluz, o defensa francés Pablo Martínez e o seu compañeiro no centro da zaga Pablo Vázquez. A votación estivo moi axustada, pois Jose Ángel levou o 37,9% dos votos, polo 37,7 % de Pablo Martínez. Pola súa parte, Pablo Vázquez recibiu o 24,5 % dos apoios.

Jose Ángel recibirá o seu premio mañá ás 10:00 horas en Abegondo, antes do adestramento do Deportivo, e responderá as preguntas dos medios de comunicación.

Dispoñibles as entradas para os encontro do Deportivo Feminino e Fabril

O clube xa ten a disposición dos socios as entradas para o Deportivo Abanca- SEAEMA e para o fabril-Zamora. A maneira de conseguilas, ( son de balde), é a habitual facendo a resrva das mesmas : https://bancada.rcdeportivo.es/

 

1ª FEDERACION FUTFEM

Deportivo Abanca – A.E.M.
sábado 21 de octubro ás 12:00 horas
Cidade Deportiva de Abegondo

2ª FEDERACION

Fabril – Zamora CF

domingo 22 de octubro ás 17:00 horas
Cidade Deportiva de Abegondo

-Foto : La Nueva España

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/RC Deportivo