ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO RC DEPORTIVO : “CELSO BORGES, ALBERTO BENITO, AMIGABLES, DEPORTIVO FEMININO…”

 

Celso Borges e Alberto Benito adestraron co grupo

Celso Borges e Alberto Benito foron as dúas novidades esta mañá no regreso do Deportivo aos adestramentos despois do día de descanso de onte domingo.

Alberto Benito regresa após de estar uns días con adestramento individualizado no seu domicilio, por prescrición dos Servizos Médicos que dirixe o doutor Carlos Lariño.

Ambos os futbolistas adestráronse con normalidade nunha sesión de traballo que se desenvolveu entre os campos 2 e 3.

Confirmado o Depor-Real Madrid Castilla

Xa vos falábamos días atrás de que o Real Madrid anunciara un amigable di seu filial co Depor, e tralo mutismo do clube deportivista, no día de hoxe confurmaba o choque : 

“O RC Deportivo continúa pechando a pretemporada 2021-2022 con novos partidos amigables. Após a disputa este domingo 8 do Teresa Herrera contra a SD Ponferradina en ABANCA-RIAZOR, o Dépor xogará, xusto unha semana despois no mesmo escenario, un novo encontro contra un equipo de Primeira RFEF que esta temporada militará no outro grupo : o Real Madrid Castilla.

O choque xogarase a partir das 19:00 h. no Estadio ABANCA-RIAZOR, retransmitido en directo pola canle de Youtube do Club grazas ao patrocinio da firma coruñesa Integralmotion.es”.

O calendario confirmado de pretemporada do Depor é o seguinte:

RC Villalbés 1-1 Depor  (De Vicente e Miku)
Viveiro CF 0-4 Depor 4 (Alberto Quiles -2-, Héctor e Gandoy)
Bergantiños FC – Depor, mércores 4 de agosto, 19:00 h. As Eiroas
Depor – SD Ponferradina, domingo 8 de agosto, 20:00 h. Estadio de Riazor, (LXXVI Trofeo Teresa Herrera)
Depor – Real Madrid Castilla, domingo 15 de agosto, 19:00 h. Estadio de Riazor.

Derradeiras entradas para o Bergantiños FC-Depor

Están á venda as últimas 60 entradas de público, ao prezo de 15 euros, para o partido amigable deste mércores 4 de agosto ás 19:00 no campo das Eiroas entre o Bergantiños CF e o RC Deportivo.

Por protocolo COVID-19, a capacidade do campo está reducida a 400 persoas.

Os interesados deben dirixirse ao Casino de Carballo, sito na rúa Vázquez de Parga nº 1, neste horario: de 10:30 a 13:30 e de 18:30 a 21:00 horas.

Comezou a adestrar o Deportivo Feminino

O Deportivo ABANCA arranca mañá luns 2 de agosto a súa segunda semana de pretemporada.

As pupilas de Miguel Llorente completarán até o sábado 7 de agosto un total de cinco adestramentos matinais en Abegondo co obxectivo inmediato de preparar a primeira cita de pretemporada, o encontro ante o Valadares Gaia FC con motivo da IX edición do Trofeo Teresa Herrera Feminino.

O cadro portugués é un club da localidade de Vila Nova de Gaia, moi preto de Porto. O equipo finalizou na décima praza o campionato portugués de primeira división 2020-2021, ao non poder entrar na loita polo título á que accederon os oito mellores da primeira fase e liderar o grupo Norte pola permanencia da segunda fase da Liga BPI.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo