ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO RC DEPORTIVO : AMIGABLE, ENTRADAS PARA DUX E PARA FABRIL, AXENDA DO FEMININO, MASCOTAS A RIAZOR, ETC…

 

Adestramento de cara o amigable en Ponferrada e o encontro de liga

O Deportivo arrancou hoxe mércores 12 de xaneiro unha semana sen fútbol de competición, posto que a seguinte cita ligueira será o domingo 23 de xaneiro ás 12:00 no campo Municipal de Villaviciosa de Odón ante o DUX Internacional de Madrid. A pesar diso, o corpo técnico que dirixen Borja Jiménez e Álex Martínez dispuxo unha esixente sesión de traballo na Cidade Deportiva.

Os deportivistas xogarán este vindeiro sábado un amigable ante o SD Ponferradina no anexo o “Toralín”, a partires das 11:00 horas, (10:00 GMT), aproveitando o parón nas ligas, tanto para os deportivistas como para os ponferradinos. O encontro será a porta pechada e servirá para darlle minutos aos menos habituais e como adestramento para o resto.

Entradas a venda para o DUX-Depor do 23 de Xaneiro

O Dux Internacional de Madrid pon á venda directamente na súa plataforma online entradas para Deportivistas de cara ao partido que o vindeiro domingo 23 ás 12:00 h. disputan no Campo Municipal de Villaviciosa de Odón fronte ao RC Deportivo (Footters).

A compra é totalmente libre dentro da zona habilitada para a afección visitante, polo que o RC Deportivo non intervén no proceso e non pode dar ningunha preferencia a persoas socias ou peñistas do Club.

O prezo marcado polo club madrileño para as localidades é de 25 euros (15 euros no caso de maiores de 65 anos e menores de idade) e poden comprarse aquí: https://entradium.com/events/dux-internacional-de-madrid-vs-deportivo-de-la-coruna

Entradas a venda para o Fabril-CD Noia do vindeiro sábado

O Real Club Deportivo activa o protocolo de apertura, con aforamento reducido e rexistro de asistentes, da Cidade Deportiva de Abegondo para o partido de Terceira RFEF do sábado 15 ás 17:00 horas entre o Fabril e o Noia.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional, todas as acodes socias do Real Club Deportivo que o tramiten formalmente a través da web: https://bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa IDE de socio e 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Axenda do Deportivo Feminino

O Deportivo ABANCA, desprázase por estrada este venres 14 de xaneiro á localidade rioxana de Calahorra para visitar ao CD Pradejón o sábado 15 de xaneiro ás 16:30 horas no Campo Municipal de Pradejón, en choque correspondente á 14ª xornada no grupo norte de Reto Iberdrola.

Como facer para levar a tua mascota-socio deportivista a Riazor

Esta temporada o RC Deportivo activou unha nova modalidade de asociación co Club a través das Mascotas Deportivistas. Cun prezo de 25 euros, o carné, coa foto incluída, outórgalle á Mascota Deportivista o seu propio número de socia. Ademais, con este abono ten descontos e vantaxes en distintos servizos do sector que se irán convertendo en establecemento “para Mascotas Deportivistas” e que se irán anunciando persoalmente por correo electrónico. Ademais o 15% do prezo do abono irá destinado a protectoras de animais da Coruña: APADAN, Gatocan e SOS Pelines.

Polo momento son 132 as Mascotas Deportivistas con carné que, desde este mes de xaneiro, teñen tamén a posibilidade de visitar #anosacasa, a súa casa. Todas as Mascotas Deportivistas poderán acceder a ABANCA-RIAZOR unha vez por temporada, en horario de apertura da Oficina de Atención ao Deportivista (de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h.) e acceder á bancada do Estadio para facerse unha foto desde a bancada de Preferencia. Para iso é necesario pedir cita previa na web: http://citaprevia.rcdeportivo.es/ e acudir na hora solicitada presentando o carné da Mascota Deportivista. 

-Foto e Texto : rcdeportivo.es