O Depor-Majadahonda troca de hora
A RFEF troca o encontro da 1ª Xornada, Depor-Rayo Majadahonda das 19:30 horas do sábado 26 de Agosto, ás 20:30 horas, (18:30 GMT), do mesmo día. Apunta o ente federativo que a causa é, “para garantizar a saúde dos deportistas, árbitros e afeccionados ante a previsión de altas temperaturas”.
Mañán penúltimo amigable antes da liga
O Depor afronta mañán martes 15 de Agosto do 2023 o derradeiro amigable de preparación. Será o de maior esixencia, pois o rival será o SD Ponferradina e no Toralín a partires das 19:00 horas, (17:00 GMT), televisado pola canle de YouTube do RC Deportivo. Os de Ponferrada recén descendidos da 2ª División son rivais dos deportivistas no Grupo Norte da 1ª Federación. Na lista de convocados para este encontro destacar a inclusión do canteirán Nájera e que Iamnol Idiakez leva 23 xogadores, seis menos ca no encontro da pasada semana na Pobra ante o Compostela.
Davo podería quedar en propiedade
O xogador luatqués, Davo podería ampliar o seu contrato co Depor e quedar en pertenza no caso que o equip’o ascendeser xa que o clube deportivista chegou a un acordo co Kas Eupen da 1ª División belga, para comprar o seu pase.
Retu cun pé fora e Narro o Lugo
A pasada semana Víctor Narro chegaba a un acordo para abandoar as filas do Depor, e cáseque sen tempo a asimilalo xa estaba asinando co CD Lugo, rival noso no Grupo Norte da 1ª Federación. Pola sua banda apuntan en varios medios a que Retuerta podería sair en breve rescindindo o seu contrato. O lateral esquerdo non tivo sorte dende a sua chegada a pasada tempada o equipo branquiazul. O pasado ano no Teresa Herrera xa foi sinalado pola afección e Borja Jiménez non contou con él en media tempada, para irse cedido o Hércules na segunda parte da liga. Este verán tivo detalles de calidade nos encontros que xogou, pero segue sen sorte como deportivista. No derradeiro encontro amigable, tivo que sair lesionado cando levaba 10 minutos no campo. Parecía cousa mala, pero o final non foi nada e xa adestrou cos compañeiros e vai convocado para o encontro amigable de mañán.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”