ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO RC DEPORTIVO :

 

 

Problemas na web

Temos que pedir disculpas xa que ata fai un intre, e dende o pasado Domingo, tivemos problemas na sala de máquinas da web, tras facerlle a mesma unhas manobras de mantenemento, o que nos privou de actualizar as novas e as crónicas.

 

Final á temporada 2020-2021 a nivel de socios

O RC Deportivo porá punto final á temporada 2020-2021, a nivel de socios, o vindeiro venres 14 de maio. Até ese día aínda é posible renovar o abono do Club 2020-2021 para todos aqueles socios que non o fixeron previamente e que queiran conservar a súa antigüidade de cara á próxima campaña.

A partir desa xornada, farase balance final de todos os socios do Dépor 20·21. Os que non figuren nesa lista perderán a súa vinculación co Club en canto ao cómputo de anos asociado consecutivamente e tamén a reserva do seu asento no Estadio.

Para todos aqueles socios do Deportivo que queiran renovar o abono do Dépor 20·21 habilítanse dúas vías. Telemáticamente en https://www.rcdeportivo.es/abonos ou presencial na Oficina de Atención ao Deportivista de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. Para a xestión presencial é necesario pedir cita previa en http://citaprevia.rcdeportivo.es/ seleccionando a pestana “Último prazo para a renovación de abonos” na parte superior da páxina.

 

Liberación de asentos

Após a liberación deses asentos, os socios do Dépor 20·21 que desexen cambiar de localidade para a temporada 21·22 poderán facelo entre o 18 e o 28 de maio exclusivamente con cita previa http://citaprevia.rcdeportivo.es/ no mesmo horario de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida da Habana s/n) seleccionando a pestana “Cambio de localidade de abonos” na parte superior da páxina.

O meta Pablo Brea renova ata 2024

Pablo Brea Fontáns (Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2001) renovou o seu contrato co RC Deportivo por tres campañas.

Brea cumpre actualmente a súa sexta temporada nas filas deportivistas, aínda que unha delas, a 2019-2020, xogou cedido no Coruxo FC. O porteiro incorporouse á disciplina branquiazul no verán de 2015 procedente do Santiago de Compostela CF para formar parte do Cadete B.

O gardameta compostelán é un habitual nos adestramentos do primeiro equipo, co que debutou fai máis de tres anos no XIX Memorial Moncho Rivera, fronte ao SC Corinthians Paulista en ABANCA-RIAZOR. Durante a campaña 2016-2017, Brea foi citado en dúas ocasións para xornadas de adestramento coa selección española sub-16, aínda que non chegou a disputar ningún partido.

No presente curso, Pablo Brea disputou 13 encontros, 12 deles como titular, co RC Deportivo Fabril no Grupo 1 de Terceira División.

Con esta ampliación de contrato, o porteiro santiagués queda vinculado ao RC Deportivo até xuño de 2024.

Mañán comeza a derradeira semana de preparación do primeiro equipo

O Deportivo arranca mañá mércores 5 de maio a última semana de competición, que pechará no Nuevo Estadio Los Pajaritos de Soria o domingo 9 de maio (12:00 horas, Footters) ante o CD Numancia, en partido correspondente á 6ª xornada no grupo 1D de Segunda División B.

Rubén de la Barrera dispuxo de cara ao encontro ante os sorianos catro sesións de adestramento, a primera delas pola tarde, nun principio todas na Cidade Deportiva.

O Depor precisa un punto para entrar na vindeira Copa do Rei

O equipo de Rubén da Barreira necesita sumar polo menos un punto no feudo do Numancia, ou esperar a que o Ferrol non gañe en Luanco, para lograr o primeiro posto do grupo e, con iso, asegurarse unha das prazas que a Federación reserva para os equipos da categoría de bronce durante cada tempada. O clube deportivista ven xogando de maneira continuada o torneo da Copa do Rei dende 1958, ( durante os primeiros 20 anos denominada Copa del Generalísimo), e é dun dos poucos equipos que presume de ser campión, (2 veces), e o único en Galicia.

-Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia

-Foto : RC Deportivo


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies