ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO RC DEPORTIVO :

 

Data e hora para o Depor-Alavés de Copa

A Real Federación Española de Fútbol fixo públicos hoxe os horarios da segunda eliminatoria da Copa de SM El Rey na que o Dépor quedou emparellado, após o sorteo celebrado o pasado venres na sede federativa, co Deportivo Alavés.

O choque ante o conxunto vitoriano quedou fixado finalmente para o mércores 6 de xaneiro ás 19:00 h. no Estadio ABANCA-RIAZOR.

 

Depor-Campus de Nadal

Os DéporCampus Cabreiroá regresan un ano máis en Nadal. Novamente a sede indoor da Escola RC Deportivo, Pádel Plus en Alvedro, manterá as súas portas abertas a semana de fin de ano para levar a cabo esta proposta formativa e de lecer da Fundación Real Club Deportivo. A ela súmase por segundo ano consecutivo a sede de Sada, no Campo de Fútbol Municipal das Mariñas, para chegar a máis nenos e nenas da provincia da Coruña. Na primeira das sedes esgotáronse as prazas esta fin de semana mentres que na segunda quedan os últimos dispoñibles.

En ambos os casos, os días de actividade serán o 28, 29 e 30 de decembro, con recepción por parte dos adestradores do Dépor desde as 09:00 h., de 10:00 a 14:00 h. para nenas e nenos entre os 6 e os 14 anos e as inscricións dispoñibles en Sada poden formalizarse en deporcampus.rcdeportivo.es  até o mediodía do próximo xoves 24 de decembro. Nas dúas sedes aplicarase un rigoroso protocolo anti COVID, por iso na de Alvedro o número de prazas era limitado ao ser instalacións cubertas con aforamento marcado.

 

 

Entradas para o Deportivo Feminino-FC Barcelona

O Real Club Deportivo activa, dentro das esixencias da actual situación sanitaria, o protocolo de apertura con aforo reducido da Cidade Deportiva de Abegondo para o partido de Primera Iberdrola de mañá martes ás 14:00 horas entre o Dépor ABANCA e o FC Barcelona.

Poden optar a unha das 100 invitacións dispoñibles todos os Socios do Real Club Deportivo que o soliciten formalmente a través da web: http://reservas.rcdeportivo.es, na que deberán introducir os seus datos: nome, apelidos, ID de socio, 4 últimos números do DNI e correo electrónico.

Este procedemento ten tres fins: poder realizar a solicitude da invitación; en caso de adxudicación de invitación e de que se poidan realizar desprazamentos, poder notificar ao socio que ten dereito de acceso á Cidade Deportiva; e, ademais, levar un control de repartición en atención á normativa sanitaria de seguimento da COVID-19.

Dado o escaso número de localidades dispoñibles, o Real Club Deportivo roga encarecidamente que unicamente soliciten invitación aqueles Socios que vaian poder acudir o domingo ao partido, para evitar que queden entradas sen utilizar.

A solicitude formal debe realizarse entre a publicación desta normativa e o luns 21 de decembro ás 18:00 horas, momento no que se pechará o prazo de solicitudes de entradas para o regreso do Dépor ABANCA en Abegondo.

Posteriormente ao peche do prazo de solicitudes notificarase, vía correo electrónico, a aqueles que sexan adxudicatarios dunha invitación, que dispoñen de entrada e o método de acceso á Cidade Deportiva, lembrando que antes de desprazarse a Abegondo deben comprobar se poden viaxar até as instalacións desde os seus lugares de residencia.

Todos os asistentes deberán ocupar obrigatoriamente a fila e asento asignado para poder ter a todos os afeccionados localizados en caso de rastrexo por COVID-19.

Tamén por protocolo COVID cada asistente deberá pasar un control de temperatura, higienizar as súas mans, portar máscara en todo momento, sentar obrigatoriamente na localidade asignada no punto de control de accesos (estará identificada cun adhesivo verde de ASENTO DISPOÑIBLE) e permanecer na devandita localidade sentado até finalizar o partido (unicamente permítense desprazamentos aos baños. Non haberá servizo de bar nin está permitido introducir e consumir alimentos ao interior da Cidade Deportiva), respectando en todo momento a distancia de seguridade de 1,5 metros nos controis de acceso e durante a permanencia no interior da instalación.

 

Convocatoria para o Deportivo Feminino-FC Barcelona

 

O Dépor ABANCA pecha un gran 2020 cun desafío maiúsculo, a visita do poderoso FC Barcelona a Abegondo, mañá martes 22 de decembro (14:00 horas, LaLiga Sports TV).

As azulgrana lideran a táboa con 27 puntos de 27 posibles. Están igualadas co UD Granadilla Tenerife á fronte da Primera Iberdrola, pero con tres partidos menos xogados que as tinerfeñas.

Por contra, o Dépor ABANCA está no mellor momento da temporada, con 7 puntos logrados dos últimos 9 disputados.

 

-Fotos e Texto : rcdeportivo.es

-Foto Borges : Deportivo Alavés


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies