Os cormeláns leváronse o “Bos e Xenerosos”.
Memorial “Bos e Xenerosos” en Corme
Este pasado sábado, o Corme CF Senior e o de Veteranos, disputaron no no campo “O Cairo”, o “Memorial Bos e Xenerosos”, que enfrontou ao Corme CF de Veteranos e o SD Fisterra Veteranos que acabou con vitoria dos cormeláns por 2-0. No que se refire ao equipo senior comelán, (Liga da Costa), que se enfrontaba ao Relámpago de Elviña, coruñés, a vitoria tamén caeu da banda dos de Corme, neste caso por 3-0, con dous goles de Alejo Cambón e un en propia porta dos coruñeses.
O Muxía caeu ante o CD Baiñas
O Muxía CF, (Liga da Costa), caía na tarde deste pasado Domingo, pola mínima, (0-1), ante o CD Baiñas, (3ª da Costa). Este era o segundo amigable dos muxiáns, que fai unha semana derrotaban ao Fisterra, (Preferente Norte), por 3-0. Os da Vila da Barca xogarán o vindeiro xoves, 1 de Setembro ante o CF Dumbría no “Conco”, a partires das 21:00 horas, o seu terceiro encontro de preparación.
O CF Dumbría co trofeo do seu concello.
O Trofeo Concello de Dumbría quedou na casa
Este pasado sábado 27, no Municipal do Conco, (Dumbría), disputarouse o Trofeo Concello de Dumbría. O equipo dumbriés, (1ª Galicia), enfrontouse ao SD San Lorenzo, (Liga da Costa), un choque no que os de Dumbría vencían por 4-1, quedandio así o trofeo na casa. Houbo que lamentar a lesión do xogador local, Mario, ao que lle desexamos unha pronta recuperación. Entregou os trofeos, Iván Pequeno, concelleiro de deportes do Concello de Dumbría.
Xornada de portas abertas do CF Dumbría feminino
Tras facer o pasado ano o equipo feminino de Promesas Fútbol Base, esta tempada o clube dumbriés acometeu a fundación do equipo feminino senior, cousa que xa é unha realidade e que o vindeiro venres 2 de Setembro terá unha Xornada de Portas Abertas a partiesd as 19:00 horas no Municipal de “O Conco”, (Dumbría), polo que invitan a tódalas rapazas maiores de 13 anos a achegarse e probar se teñen inquedanzas de xogar o fútbol.
O SD Coristanco golea ao SD Oza
O SD Coristanco, (Liga da Costa), derrotaba ao SD Oza, 8Liga da Costa), nun choque moi entretido, no que se adiantaban os ocenses, para remontar os da Terra da Pataca, conseguir empatar os visitantes, para logo acabar facéndose co encontro os coriatnqueses e acabar goleando, (5-2). O SD Oza visita no Xabiña ao SCD Buño, (3ªa da Costa), o vindeiro mércores, 31 de Agosto.
Accidentado choque antre Camariñase Cee
O Camariñas FC, (Liga da Costa), derrotaba ao UC Cee, (Liga da Costa), nun choque que pasou a segundo plano trala lesión do ceense Ánxo López, que tras un choque cun rival deu o susto. Houbo que chamar a unha ambulancia, e foi trasladado ao Hospital “Virxe da Xunqueira”, onde tras varias probas se lle diagnosticou unha contracción no pescozo e no hombreiro, así coma unha contusión nun adutor. Tras varias horas de observación foi dado de alta. Desexámoslle unha pronta recuperación ao rapáz ceense.
Un Trofeo Gasthof queda na casa e o outro vaise
Este pasado Domingo 28 de Agosto, no Platas Reinoso disputouse o Trofeo Gasthof, en xuvenís e senior. O equipo xuvenil batíase polo trofeo co SD Sofán Xuvenil, e caía por 0-3, namentras que o equipo senior tiña como rival ao Xallas FC, (rival deles na 1ª Galicia G2). O encontro acabou con empate a catros, (4-4), e foron os baieses os que levantaban o trofeo ao sair vencedores na tanda de penaltis. Errando un penalti, por 3 os de Santa Comba.
O Laracha CF sucumbe ante o Betanzos o final
O Laracha CF, (1ª Galicia Grupo 1), recibeu no Municipal da Laracha ao Betanzos CF, (Preferente Norte), nun choque que era a presentación ante a sua afección. O choque estivo moi entretido e chegou aos derradeiros 10 minutos con empate a uns, (1-1), pero nese treito final o equipo larachés desapareceu de encontro e acabou sendo goleado, con 3 goles nese treito final, (1-4).
O Camelle comezou a adestrar
O SD Camelle, (3ª da Costa), comezou os seus adestramentos o pasado venres da man de Sergio do Crejo, novo adestrador dos camelláns, no sitio de José Manuel Ordóñez, que se enrolou nas filas do Castrelo CF, (3ª da Costa). O Crejo dispuxo dun duro adestramento de hora e media de duración sobre o céspede do “Rodeiro”. Un total de 16 xogadores acudiron a esta primeira toma de contacto, que rematou cun asado a cargo do Director Deportivo do clube, Luis Romaní Xr, que traballa na incorporación de 4-5 xogadores.
O Xallas FC a recta final da pretempada
O Xallas FC, (1ª Galicia G2), volve a xogar mañán martes, trala disputa do Trofeo Gasthoff en Baio, no que caeu nos penaltis tras empatar 4-4 no tempo de xogo, nun choque no que chegou a ir gañando 0-2, e 2-4. Os xalleiros visitan en Valga ao Cordeiro CF, para rematar a pretempada o 3 de setembro, ca presentación do equipo na “Fontenla”, (Santa Comba).
Se queres que informemos dos movementos e novas do teu equipo, sexa do deporte que sexa contacta connosco en info@piratasdemuxia.es ou no whatsapp 626 72 00 47, así coma se che interesa publicitar o teu negocio. Cada día en torno a 60.000 visitas.
-Foto Corme-Relámpago : Edu Cambón/Corme Sangre Azul
-Foto CF Dumbría : FaceBook CF Dumbría Oficial
Texto : piratasdemuxia.