ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO FÚTBOL DA COSTA

 

ESCOLMA DE NOVAS DO FÚTBOL DA COSTA

 

Hoxe o Muxía CF terá novo presidente

Se non chega unha nova candidatura, para o que hoxe remata o prazo dado na asemblea da pasada semana, Juan José Busto será o novo presidente do Muxía CF, (Liga da Costa). Pai do tamén xogador do equipo muxián dende neno, Julián Busto, xa estaba na diretiva sainte como axudante. Gandeiro de profesión, vocación e devoción, Juan José espera, (se é presidente), continuar co traballo que se está a facer nestes derradeiros anos para levar o clube ao máis alto posible. Unha das suas prioridades será conseguir a volta de algúns rapaces que xogaron no clube toda a vida e que o ano pasado o adestrador non contou con eles, como é o caso de Martínciño. Como adestrador en detrimento de Adrián Lema, sona con forza antre outros o nome de Diego Lobelos que xa era o elixido fai un par de anos, pero que estaba comprometido co CF Dumbría.

 

Pablo Mallón ao SD Ponteceso

O adestrador Pablo Mallón ven de asinar polo SD Ponteceso, (Liga da Costa), para a vindeira tempada. O xove e contrastado adestrador carballés, que a pasada tempada tivo a difícil tarea de recompoñer a un SD San Lorenzo que se tambaleou tras caer da 1ª Galicia G2, e consigue a permanenza na Liga da costa sen pasar apuros e dándolle moitos minutos a rapaces do xuvenil que de seguro serán moi importantes a vindeira tempada no equipo senior, e que xa o foron nesta pasada na que sumaron minutos e experienza.

 

Óscar Leis deixa o UD Monte Louro

O adestrador lariñés, Óscar Leis anunciou nas redes sociais a sua marcha da UD Monte Louro, na que pasou 3 tempadas, duas acadando a permanenza e ofrecéndolle bo fútbol aos seus siareiros e a pasada na que unha serie de resultados malos en encontros nos que mereceu máis, acabaron facendo que o equipo descendese. O técnico lariñés que tamén desenvolve dende fai anos as labores de Coordinador da Base do CF Dumbría despedíase do clube lourés da seguinte maneira : “Tras 3 tempadas na U.D. Monte Louro toca rematar a miña etapa en este club, gustariame facelo agradecendo a toda a Directiva o seu esforzo e compromiso pero sobre todo o trato que recibin durante o tempo que estiven no club, un trato excepcional tanto no deportivo como no persoal, sendo este último moi importante para mín.Tiven o meu lado dous cracks, York e Marcos, que foron un grandísimo apoio e estaréi enormemente agradecido sempre. Tamen quero agradecer o esforzo e compromiso de todos e cada un dos xogadores que formaron parte da plantilla estas 3 tempadas. E non me olvido de toda a xente que desde a grada nos animou en cada partido, na casa e por todos os campos da costa. Mil gracias. Remato o meu paso por este club triste, por dous motivos, un de eles e que tras duas tempadas logrando o obxetivo da permanencia na Liga da costa, en esta última tempada non puidemos alcanzar ese obxetivo e me sinto o máximo responsable de esta mala tempada, o segundo motivo polo cal me vou triste e por deixar de pertencer a familia da U.D. UD Monte Louro , un club o cal para min foi un motivo de orgullo poder formar parte. Quero desde aquí invitar a todos os que forman parte do Club ( Directiva, xogadores e aficionados ) a que sigan traballando polo club e defendendo o seu escudo en cada campo. Moitas gracias a todos e o moita sorte !!!!”.

 

Adrián “Makaay” seguirá no SD Fisterra

Dende o SD Fisterra anúnciannos que o seu dianteiro, segundo máximo goleador da 1ª Galicia G2, Adrián “Makaay” ven de renovar co clube “verdiño” e seguirá polo tanto sendo o “buque enseña” do clube da “Vila do Cristo” no seu retorno a Preferente Norte.

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es