ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO FÚTBOL DA COSTA : FICHAXES, RENOVACIÓNS E OUTRAS

 

A RFGF anúncianos as posibles datas de comezo das ligas

Segundo nos fai saber a RFGF as posibles datas de comezo das ligas é o seguinte :

3ª División : 25 de Agosto

Prefernete Norte : 25 de Agosto

1ª Galicia G2 : 8 Setembro

Liga da Costa e 3ª da Costa : 8 de Setembro

Ligas Galegas de Base Xuvenil Cadete e Infantil : 8 de Setembro.

 

Fichaxes e renovacións no CF Castrelo

O CF Castrelo que milita na 3ª da Costa anúncianos as fichaxes do dianteiro Adrián, procedente do SD Laxe, e de Víctor que ademáis da sua volta o campo formará parte da diretiva. Tamén ficha, Espi tralo seu paso polo Porteño, e volve César tras un periodo de inactividade.  e as renovacións de : Dani Picallo, David Carreira, Daniel Canosa, Stiven, Estevo, Gustavo, Iván Chans, Roi Caamaño, 

 

Gemelo ficha polo CD Baio

O lateral dereito xalleiro Martín Gemelo que tamén pode disputar no interior, deixa o SD Castríz tras unha gran tempada co asecenso do equipo xalleiro e apúntase ao CD Baio da 1ª Galicia G2.

 

O SD Soneira asina dous xogadores e segue cas renovacións

O SD Soneira que tal como vos fomos informando noutras novas breves estase a reforzar moi be, asinou nesta semana a Mauro Pazos ex do Deportivo, Victoria e Santiago de Compostela en categorías de base e a Sergio quie retorna tras un breve paso polo CF Dumbría. Tamén renovou nestes día a Fran Moreira “Fran-chute”, e a Brais, xoves valores da canteira que xa foron unha realidade o ano pasado no primeiro equipo.

 

 

O FC Camariñas xogará os encontros de suspensión na Arliña, (Muxía)

Tal e como o contábamos a pasada semana nas novas breves do fútbol costeiro, Vicente Carril preguntáballe ao novo presidente do Muxía CF sobre a posibilidade de que o FC Camariñas puidese xogar no “Municipal da Arliña”os 3 encontros que ten de suspensión polos feitos acaecidos na volta da semifinal da “LVI Copa da Costa” no “Hermanas Patiño”, ante o Cabana SD. O presidente do clube muxián, Juan José Busto, trasladoulle a petición ao Concello de Muxía, propietario do campo, e na persoa do seu alcalde, Iago Toba, deu o visto bo a que os camariñáns poidan xogar os seus encontros na Arliña. Cando salgan os calendarios terán que facer cadrar as datas e horas, para non coincidir cos equipos do Muxía CF.

 

O SD Camelle da unha semana máis en busca de alguén que o colla

Na xuntanza que tivo lugar no “Campo do Rodeiro”, en Camelle, non apareceu ninguén que se queira facer cargo do SD Camelle. Rubén Pose, en espera de que apareza alguén, dou unha semana máis de prazo a ver se aparece alguén que queira facerse cas rendas do clube : “Como para a semana non se presente nadie para a siguiente teremos que dar de baixa o club, o final onte non se presentou nadie para coller o club”, decíanos Rubén.

O Comité de dispciplina sancionou ao clube camariñán con unha multa ademáis de 3 encontros de sanción o campo e 2 máis nos que terán que xogar a porta pechada, na vindeira 3ª da Costa 2019/20.

 

 

O UD Paiosaco contará con dous equipos femininos

O UD Paiosaco da un paso adiante e na vindeira tempada contará con dous equipos femininos, un de Fútbol 11 e outro de Fútbol 8. O equipo de Fútbol 11 que cometetirá na 2ª División Galega G2 xunto co Bergantiños CF, será dirixido polo nosos amigo e compañeiro David Castro e comezará os adestramentos o vindeiro día 19 de Xullo para preparar a Copa Deputación que comeza o 1 de Agosto.

 

PREME AQUÍ para ver máis novas breves do fútbol da costa.

AVISO

Nesta sección só poñemos novas dos clubes que eles mesmos, ou algún, xogador, adestrador ou afeccionado nos mandan. Non queremos que se pense que poñemos as noticias duns clubes e doutros non.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es