ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO DEPORTE DA COSTA : CF MUXÍA, FISOBER FSF, CAMARIÑAS FC, UD CERQUEDA, TORNEOS, FICHAXES…”.

Coma cada ano en época estival iremos poñendo nas “NOVAS BREVES DO DEPORTE DA COSTA”, todas aquelas que nos cheguen por medio de diretivos, socios, afeccionados ou participantes dos diferentes eventos deportivos, así coma de despedidas, fichaxes, etc…Polo tanto especificar que non vai ser que poñamos as de uns si e aos de outros non, imos poñer as que nos cheguen ou o que é o mesmo as dos que lles interese que se lle de máis visibilidade…Feliz veran a todos!!!.

O RC Deportivo Xuvenil campión de liga e finalista da “Final Four”.

Fichaxe e amigable de calidade no CF Muxía

O CF Muxía que repetirá este ano na Primeira Futgal ven de anunciarnos a fichaxe do xove de 24 anos de idade, Brais Fernández, procedente do CF Dumbría. Centrocampista de calidade que tras comezar na base no equipo dumbries pasou o Bergantiños, retornou o Dumbría e antes de dar o salto o primeiro equipo pasou por Ural e Victoria na idade xuvenil, voltando xa con 20 anos ó equipo dumbries. Tamén nos confirman desde o equipo da Vila da Barca que o vindeiro 8 de Agosto xogarán un amigable co equipo xuvenil do RC Deportivo que dirixe o mazariquense Miguel Figueira. O horario ainda non está confirmado pero fálase de ás 19:00 horas ou media hora máis tarde.

Hoxe sae a regata “Rias Altas” da Coruña con etapas en Laxe, Muxía e Malpica.

Hoxe 3 de Xullo de 2025 tal e como vos informamos, partirá do Náutico da Coruña a Regata Rías Altas que chega a sua 52ª edición. A primeira etapa é Coruña-Laxe, mañán venres Laxe-Muxía, sábado, Muxía-Malpica e rematará o Domingo ca etapa final, Malpica-Coruña.

Saray Duarte ca Selección Española de Fútbol Praia

A xogadora en futsal do Fisober FSF i en fútbol 11 do UC Cee, Saray Duarte, (Baíñas-Vimianzo), foi convocada pola Selección Galega de Fútbol Praia Sub20, tal e como xa vos informamos, para a disputa do Campionato de España 2025 que se celebrará neste mesmo mes na “Playa Victoria” en Cádiz. 

O Fisober posicionase en defensa da disputa dos Campionatos de España de base

Ante o anuncio da RFEF de non facer os Campionatos de futsal base o Fisober FSF que ven de acadar na categoría alevín bilatemente o Campionato de España de Ftusal Sub12, posicionase na campaña “El Futsal no se toca”, a que xa se acolleron máis de 400 clubes de toda España, para meter o berro no ceo de que queren que se sigan disputando estes torneos.

Pepucho novo adestrador do Camariñas FC Feminino

O Camariñas FC ven de anunciar a sustitución de Juan Cabrejo como adestrador do equipo feminino. O motivo máis ca aparente é a participación do primeiro equipo na Primeira Futgal, con viaxes máis longas, fai que Juan Cabrejo tivese máis problemas para atender os dous equipos, como xa pasou algunha vez na pasada tempada. No seu eido quedará o cargo o seu compañeiro José Manuel Bouzas “Pepucho”, “un home da casa que coñece todo”.

Xornada de portas abertas e campus no UD Cerqueda

No día de onte comezaba a sexta edición Campus de verán do UD Cerqueda, que se desenrolará ata ó 1 de Agosto. este campus vai dirixido a nenos/as de 4 a 15 anos que no Campo de Xaviña, (Buño), tódalas mañáns do fútbol e da tecnificación do mesmo, con ademáis xogos tradicionais, excursións e diversas actividades máis. Para esto hai que apuntarse e pagar unha cuota. Toda a información no 636 81 69 00 ou en cdudcerqueda@gmail.como.  Por outra banda o clube da parroquia malpicana remata mañán 2 venres día 4, unhas xornadas de portas aberta no Campo de Xaviña en horario de 19:00 a 21:00 horas. Estas xornadas están abertas a tódolos/as que queiran iniciarse no fútbol e ter a posibilidade de formar parte do clube, un dos poucos que conta con tódalas categorías.

Novo presidente e renovación no Cerqueda

Desde o pasado sábado Jorge Verdes Veiga é o novo presidente do UD Cerqueda ocupando o lugar de Dani García co que xa estaba en diversas labores do clube. A primeira decisión do presidente entrante foi a de seguir contando como adestrador de Adrián Bardanca “Gurita” que esta pasada tempada consigueu que o clube estivese loitando ata a promoción polo ascenso a Liga da Costa, nun equipo que misturou veteranía con xuventude da canteira cerquedense.

I Torneo Internacional de Fútbol Veterano “Costa da Morte”

Sigue aberto o prazo de inscrición para o I Torneo Internacional de Fútbol Veterano “Costa da Morte”, que orgañiza o CF Cances e para o que xa hai varios equipos da bisbarra, de Galicia e de fora, coma o Deportivo de Veteranos, os Peloteros de Granada, Juventus de León, o Zamora, ou o Rivera de Ourense. Toda a información PREMENDO AQUÍ.

Torneo de Fútbol 7 senior “Santa Sabiña”

Aberto o prazo para incricións para o XVII Torneo de Fútbol 7 senior “Santa Sabiña”, que volve tras 4 anos de parón e farao como parou, cos encontros no Campo do Busto en Santa Sabiña, 8Santa Comba). O prazo para inscribirse remata o 10 de Xullo ás 21:00 horas e o sorteo dos enfrontamentos será unha hora despois no Bar “O Campo” no lugar de O Busto. Teléfono de inscrición: 676 956 120 (David). Toda a información PREMENDO AQUÍ.

Renovacións no San Lorenzo

O San Lorenzo de Verdillo xa traballa na vindeira tempada na que volta a Liga da Costa tralo descenso da 1ª Futgal G2, e o primeiro que fixo foi dar continuidade ao bo traballo que fixeron Iván Rojo e Álex Canteiro no banco. Collérono nun intre moi difícil e conseguiron que o equipo competise e voltase a disfrutar de algunha vitoria nunha tempada moi dura. Tamén anunciaron as renovacións dos xogadores, Pablo Garrido, Álex Taibo e Iago López.

II Torneo Costa da Morte e Trofeo Federación de Aire Libre

O club de arco de Corme, “Flechas por un tubo”, orgañiza o 5 e 6 de Xullo a segunda edición do Torneo Costa da Morte de tiro con arco, conxuntamente co gallo da celebración do Trofeo Federación desta modalidade deportiva, como xa o fixeron o pasado ano. Toda a información PREMENDO AQUÍ.

 

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

-Información recibida vía : Whatsapp, Gmail, e Messeger.