Primeiro adestramento do SD Camelle
O pasado venres o SD Camelle, equipo recén ascendido a Liga da Costa, tiña un adestramento para pulsar o sentir dos xogadores. A chamada do director deportivo, Luis Romaní, e do adestrador Sergio “Crejo”, p`resentáronse 21 xogadores, antre os que había 5 caras novas que están a proba. Por cuestións diversas houbo varios habituais que non puideron estar neste primeiro adestramento.
Segue crecendo o proxecto do SD Laxe
Segundo informan dende o SD Laxe, equipo da 3ª da Costa, a campaña de socios vai vento en popa e xa son moitos os veciños que acudiron a chamada do clube para unirse a familia laxense. Tamén se van clareando as cousas no apartado futbolístico e Dani Nieto será o adestrador do primeiro equipo, e Francisco “Feluxo”, levará os infantís.
Geno novo adestrador do Soneira
Geno García será o sustituto de Pedro Gómez no Soneira SD, equipo da 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago. Geno deixaba a SCDR Esteirana, a finais de marzo deste ano, equipo que foi rival dos vimianceses na pasada liga.
O Sofán terá filial na vindeira tempada
O SD Sofán, único equipo da costa na vindeira tempada da Preferente Norte, comunica que fará un equipo B que sairá a competir na 3ª da Costa. O motivo non é outro ca o de dar saida aos rapaces que acaban en idade xuvenil, e poidan seguir ca sua progresión ata o primeiro equipo.
Gran respaldo a Doro no Xallas FC
Doro Prego, novo presidente do Xallas FC presentou a sua diretiva e tivo un gran respaldo por parte da afección. O clube xalleiro xa está a traballar na confección dos equipos de base dende biberóns ata xuvenís e oferta as derradeiras prazas en algúns deles, polo tanto a chamada do clube a rapaces e rapazas para os equipos está sendo todo un éxito de resposta.
“I Queens Cup da Costa” en Cee
Ceembría PDC e UC Cee orgañizan para o sábado 26 de Agosto a “I Queens Cup da Costa”, de fútbol feminino, que terá lugar no San Paio de Refoxos e para o que están abertas as inscricións ata o 23 de Agosto. Os equipos interesados teñen máis información no whatsapp : 722 32 23 37, (Paula), ou no instagram : @torneo_queenscupdacosta.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”