ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO FÚTBOL DA COSTA : CABANA, DUMBRÍA, BAIO, MUXÍA, CAMARIÑAS, OZA, CERQUEDA, XALLAS…

Os cabaneses lembran a figura de Álex Pombo.

 

Memorial “Álex Pombo” en Cabana

O campo de “As Redondas” en Cánduas-Cabana volve a lembrar a un dos míticos da costa, o malogrado Álex Pombo, será mañán sábado 3 de Setembro. O Cabana SD coma sempre, dende o seu desgraciado pasamento, homenaxeará o que fora o seu porteiro, e doutros moitos equipos da costa. Primeiro xogarán os infantís cabaneses, que se enfrontarán dende ás 11:00 horas ao Ponteceso SD, para xa pola tarde, 817:00 horas), sexán os xuvenís cabaneses os que se enfrontarán ao Atlético Os Castros, da Coruña. O acabar este encontro, (19:00), será o equipo senior do Cabana SD o que se enfrontará tamén aos dos Castros, senior.

 

O Corme CF ten 5 encontros esta fin de semana nas diferentes categorías

Os equipos do Corme CF xogan esta vindeira fin de semana 5 encontros, 2 o sábado 3 3 o Domingo. O sábado o equipo de infantís enfrontarase ao Imperator, (10:00 horas), para despois ser o turno dos cadetes que reciben tamén no Cairo ao Imperator da Coruña a partires das 12:00 horas. O Domingo a primeira cita é a dos veteranos que reciben ao Cabana SD, (10:00 horas), logo o turno é para os xuvenís, (12:00), que xogarán ante o SCD Pastoriza, e para rematar os senior, que se batirán co SD San Lorenzo, (17:30), rival na vindeira Liga da Costa.

 

Xornada de portas abertas do CF Dumbría feminino

Tras facer o pasado ano o equipo feminino de Promesas Fútbol Base, esta tempada o clube dumbriés acometeu a fundación do equipo feminino senior, cousa que xa é unha realidade e que hoxe venres 2 de Setembro terá unha Xornada de Portas Abertas a partiesd as 19:00 horas no Municipal de “O Conco”, (Dumbría), polo que invitan a tódalas rapazas maiores de 13 anos a achegarse e probar se teñen inquedanzas de xogar o fútbol.

 

Triangular e Festa do Socio do SD Oza

O SD Oza, (3ªa da Costa), xoga mañán sábado un triangular co UD Cerqueda e o SD Dubra. O primeiro encontro enfrontará aos ocenses contra o UD Cerqueda, (16:15 horas), para despois xogar o equipo cerquedense e o SD Dubra, (17:15), e o desenlace do trofeo será ás 18:15 horas, enfrontando ao SD Oza e o SD Dubra. Os encontros será no campo “O Carral, (Sofán), feudo dos de Oza. Tras esta tarde futboleira o SD Oza levará a cabo a sua “Festa do socio”, con churarscada e música.

 

O Camariñas xoga amigable fronte o CD Muros

O Camariñas FC, recibe no Hermanas Patiño mañán sábado ao CD Muros, nun amigable que terá lugar ás 17:30 horas, un equipo que será rival dos camariñáns na vindeira Liga da Costa.

 

Presentación do Xallas FC 

Na tarde de hoxe terá lugar a presentación do equipo senior, (1ª Galicia) e o segundo equipo, (3ª da Costa), na “Fontenla”, (Santa Comba). O primeiro en saltar o terreo de xogo xalleiro será o Xallas FC “B”, que se enfrontará dende ás 17:00 horas ao Resmón CF, para ás 19:30 horas ser o equipo senior, que se enfrontará ao RC Deportivo Xuvenil.

 

O CD Baio recibe ao Muxía CF nun amigable

O CD Baio que ven de gañar a quinta edición do Trofeo Gasthoff, recibe no Platas Reinoso este vindeiro Domingo ao Muxía CF a partires das 18:30 horas. Os muxiáns xogaban no día de onte no Conco ante o CF Dumbría, (2-2), sendo así dous amigables para os muxiáns, que xogan na Liga da Costa, ante dous equipos da 1ª Galicia.

 

Calendario Liga da Costa

Días atrás presentámosvos o calendario da Liga da Costa 2022/23. Podes ver PREMENDO AQUÍ, como será a liga deste ano e o calendario completo.

 

Calendario 3ª da Costa

Días atrás presentámosvos o calendario da Liga da Costa 2022/23. Podes ver PREMENDO AQUÍ, como será a liga deste ano e o calendario completo.

.

 

Se queres que informemos dos movementos e novas do teu equipo, sexa do deporte que sexa contacta connosco en info@piratasdemuxia.es ou no whatsapp 626 72 00 47, así coma se che interesa publicitar o teu negocio. Cada día en torno a 60.000 visitas.

 

-Foto : Cabana SD

-Texto : piratasdemuxia.