ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO FÚTBOL DA COSTA :

 

O Cánchester lévase o 44º Campionato de Barrios de Esteiro

Por primeira vez en moitos anos non tivemos colaborador para levar o Campionato de Barrios de Esteiro, o cal seguimos dende o 2007. A final da 44ª edición tiña como finalistas no Xosé Luis Vara de Esteiro, 8Muros), ao Cánchester, da Parroquia de Creo, e o Abelleira, da parroquia do mesmo nome. Nun choque moi disputado os equipos íanse a vestiarios coa igualada a uns con goles de Adrián Riomayor por parte dos de Creo e Antón para os de Abelleira. Na segunda metade Raúl adiantaba no marcador os abelleirenses, e Rober “Pladur” facía a igualada. Antón de testa facía o 2-3 definitivo, ainda que o encontro puido caer de calquer banda. Máis de un milleiro de afeccionados disfrutaron dun gran encontro de fútbol e de festa no campo esteirán, polo que nos contan, e o que pasa cada ano, neste torneo que é o de maior asistencia do fútbol afeccionado da costa e posibñlemente de Galicia.

 

O Porteño terá equipo filail na 3ª da Costa

O CF Porteño que ascendeu recentemente a Liga da Costa terá un equipo filial n 3ª da Costa. Son varios os xuvenís que saen da edade desta categoría e o equipo xuvenil quedaba manco, polo que a acertada decisión foi a de inscribir un equipo filial e así, “queda compensada a falla de xogadores e poden seguir xogando xuntos os xuvenís e reforzar con algún outro xogador”. Os adestradores do primeiro equipo Javi Baña e Cousillas serán os encargados de levar tamén o filial, alternando se fixese falla en caso de coiincidencia co primeiro equipo.

 

Gini Vidal nova presidenta do Corme CF

O Corme CF, un dos equipos con máior seña de identidade na Costa da Morte, con numerosos equipos en tódalas categorías, e con xente da casa que chega ata o primeiro equipo, presentou a pasada semana a nova diretiva que estará presidida por Gini Vidal, acompañada por María Álvarez na vicepresidencia, Lorena Collazo como secretaria, Ester Devesa na tesoureiría e os vogais : Juan Vidal, Martín Varela, Jesús Pailos, Juan Gómez, Manuel Vidal, Abel Vidal, Sílvia Cerviño, Eva Vidal, e Yovanna Vidal. A diretiva con máis mulleres o fornte, na historia do fútbol da cota. Un total de 7 por 8 homes, e con 4 delas nos postos principais. 

 

-Foto : Conchy Freire

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies