ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO FÚTBOL DA COSTA :

Coma tódolos anos por este tempo irémosvos traendo tódalas novas que nos envían os clubes, (e os nosos colaboradores), sobre os seus movementos nesta época estival. Iremos poñendo aquelas novas que nos mandan as diferentes canles de ontacto conosco, (correo, tlf, whatsapp, etc), ou nas que nos etiquetan nas suas redes sociais, para que non haxa aquelo de que : “poñedes duns e doutros non”, polo que durante o día podedes entrar de novo na noticia, xa que iremos actualizando cas que nos vaian chegando.

FÚTBOL

 

UD Cerqueda, (2ª Galega Feminina)

Máis fichaxes para o UD Cerqueda Feminino coas incorporacións de Inés Varela, Andrea Suárez e Alba Arias, que se unen as xa fichadas : Lucía Dourado, Lídia Verdía, Mónica Loureiro, Paula González, Eva Suárez, Almudena Fariña, Paula Varela, Raquel Pose, Isabel Amado, Lara Fariña, e Lucía Canosa, para un fermoso proxecto que segue a ampliar o fútbol feminino da costa.

 

UD Cerqueda, (Fútbol base)

O adestrador do equipo cerquedense da base, Gustavo Blanco Velo, despídese do clube cunha emotiva carta : “O futbol e os nenos son a miña pasion pero por moito que me doia non vou poder entrenar a proxima temporada. Este ano o Cerqueda dou un paso mais para seguir crecendo e seria inxusto e moi egoista pola miña parte quedar sen poder dedicarlle o 100% o meu traballo como entrenador. Custoume moitisimo dar este paso porque e dificil imaxinar un dia dia sen poder saltar o campo a entrenar, disfrutar dos nenos, das suas anecdotas, dos seus perrinches, choros, risas, enfados etc… pero sempre che sacan esa sonrisa que fai que olvides todos os malos momentos do dia a dia.

Non me gustaria acabar sen darlle as gracias a toda a xente que forma ou formou parte do Cerqueda e que me trataron coma un rei desde o primeiro dia… Alberto Pose, Roberto, Dalila, Miguelon, entrenadores, xogadores, a nosa aficcion etc… pero non podo olvidarme das duas persoas que foron as mais importantes para min, DANI e NOELIA, xa que sempre me apoyaron en todo, tanto nos bos momentos coma nos malos, que e cando mais o necesitaba. Ademais con Dani a pe de campo traballando codo con codo pasamos moi bos momentos, verdad CHOLO?…Por ultimo darlle as gracias os pais por todo o cariño que me deron, e sobre todo quedome con aqueles que tanto me apoyaron cando as cousas non salian ben. Seguro que me equivoquei en moitas cousas pero sempre foi pensando no mellor para os nenos. Espero que esto solo sea unha despedida a corto plazo e que moi pronto poida volver a disfrutar desta pasion que tanto me gusta. Mentras tanto pidovos que apoiedes o maximo o club nesta nova etapa xa que apostou moi forte por Nacho e seguro que moi pronto ides ver como este proxecto medra e medra sen parar….Gracias e FORZA CERQUEDA”. Dende o clube agradecen a sua labor e deixanlle a porta aberta decindo que o botarán de menos e que : “cando queiras aquí estamos”.

 

SD Laxe, (3ª da Costa)

Jorge, xogador do equipo laxense manda un “S.O.S.”,ao pobo de Laxe na procura de que o clube non desapareza o non aparecer ninguén que se faga cargo tras deixar a anterior diretiva, como xa avisou tras rematar a tempada e na asemblea de fai unhas semanas : “A SD Laxe necesita axuda. Non hai ninguen que queira facerse cargo do clube. Os xogadores arrimaremos o lombo e o que faga falta pero necesitamos axuda da xente do pobo ou isto morre e sería unha magoa. Si sabedes de alguen que estea interesado avisadenos e tentaremos axudar no que estea na nosa man xa que a meirande parte do plantel traballa en Coruña de luns a venres e é imposible para nós…Forza SD Laxe“.

 

SD San Lorenzo, (Liga da Costa)

O arteixán, Adolfo García, ex adestrador do CD Larín e na base de clubes coma o Bergantiños CF, Laracha CF e Atlético Arteixo, será o adestrador do SD San Lorenzo de Brdillo para a vindeira tempada. Dende o clube carballés tamén nos comunican que ficharon ao meta Sergio Collazo “Puyol”, que volve a que fi a sua casa anos atrás, para suplir a baixa na porta verdillesa de David Pena.

 

CD Baio, (1ª Galicia G2)

Tralas renovacións do adestrador Pablo Torreira e dos xogadores, Martín “MC”, Bieito, Manu Santiso e Rubio, chegaron as de Norberto, chegan as fichaxes do medio Mario Martínez, chegado no Sporting Meicende e o meta David Pena procedente do San Lorenzo SD e a volta de Iago, tras un ano no Cabana SD xuvenil. No capítulo de baixas hai que destacar as dos metas, Diego e Julián, así como a de Mohe.

 

CF Castrelo, (3ª da Costa)

Dende o CF Castrelo tras amarrar a continuidade do adestrador Sergio “Crejo”, a volta de Víctor Lema, e as renovacións de : Luis Roget, Luis “Capote”, Gustavo Freire, e Miguel, tamén nos anuncan a renovación do dianteiro Samuel Rama. No capítulo de fichaxes, as xa editadas de : Javier Oreiro, Chavico e Felipe, procedentes do CD Baíñas.

 

CF Lira, (Liga da Costa)

Hoxe, sábado 18 de Xullo, o clube liracho levará a cabo a Asemblea Xeral de Socios que terá lugar no campo de fútbol de Lombáns, (Carnota), cumplindo coas medidas de seguridade pertinentes, sendo obrigatorio o uso de mascarillas, e do xel hidroalcólico, en primeira convocatoria ás 19:00 horas e media hora máis tarde en segunda. Farase balance da tempada pasada no deportivo e no económico e tratarase do uso e aproveitamento do Campo de Fútbol de Portocubelo, así coma o apartado para os socios de “Rogos e preguntas”.

 

Muxía CF, (Liga da Costa)

O Muxía CF xa teñen pechado a plantilla para a tempada 2020/21, na que tan como vos informamos, seguirán dirixindo o equipo senior, Diego Lobelos e Óscar Leis e cas novidades do meta fisterrán Joselu, o dianteiro vimiancés Fran Moreira “Fran-chute” e a volta de Sergio “Peski”.

Así queda a plantilla : 

Porteiros: Hugo Sambad e Joselu.

Defensas: Jose “Congui”, Maikel Mouzo, Michael Vilela, Sergio “Peski” e Tomás.

Medios: Adrián Alcaina, Álex, Rati, Edu, Julián, Mauro, Pereira, Tati, Víctor Alcaina e Xan Nogueira.

Dianteiros: Abel, Fran Moreira, Isma Pose, Manu Nogueira, Mario e Toja.

-No apartado de adestrador de base continúa Fabián Gómez, e na de adestrador de porteiros, Luis Romaní.

.

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es/colaboradores/clubes

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.