ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO FÚTBOL DA COSTA :

 

Coma tódolos anos por este tempo irémosvos traendo tódalas novas que nos envían os clubes, (e os nosos colaboradores), sobre os seus movementos nesta época estival. Iremos poñendo aquelas novas que nos mandan as diferentes canles de ontacto conosco, (correo, tlf, whatsapp, etc), ou nas que nos etiquetan nas suas redes sociais, para que non haxa aquelo de que : “poñedes duns e doutros non”, polo que durante o día podedes entrar de novo na noticia, xa que iremos actualizando cas que nos vaian chegando.

FÚTBOL

 

Muxía CF, (Liga da Costa)

Michael Vilela, un dos mellores centrais da costa, continuará un ano máis no equipo muxián, tal e como nos informou él mesmo. Michael, un dos poucos mariñeiros en activo, que a pesares do seu duro traballo, compite cada semana no fútbol costeiro, (donde van aqueles tempos que nos equipos da beiramar a grande maioría eran mariñeiros), dí que : “Namentras me respondan as pernas ireille dando e tentar poñer o meu graiño d´area”. Todo un luxo para o equipo muxián que esta tempada se quedou as portas de poder loitar polo ascenso e que xa confirmou a continuidade dos adestradores, Diego Lobelos e Óscar Leis e as dos xogadores, Mauro, Congui, Manu Nogueira, Tati, Julián, Adrián Alcaina, a volta de “Peski”, e as incorporacións do meta, Joselu e dianteiro, Fran Moreira “Fran-Chute”.

 

UD Cerqueda, (Liga da Costa e 2ª Galega Feminina)

Unha nova das que gusta dar e que nos chega por medio dun afeccionado do UD Cerqueda e que nos conta que o clube cerquedense terá a vindeira tempada equipo feminino o que fai que creza moito máis a familia nos clubes femininos costeiros. Para esta histórica andaina os cerquedenses xa comezaron a formar o equipo no que xa están fichadas : Lucía Dourado, Lídia Verdía, Mónica Loureiro, Paula González, Eva Suárez, Almudena Fariña, Paula Varela, Raquel Pose, Isabel Amado, Lara Fariña, e Lucía Canosa. Por outra banda o UD Cerqueda ten programada unha xuntanza informativa das categorias de fútbol base, para todos aqueles que queiran formar parte dos equipos do clube ou teñan algunha dubida para aclararlla. A xuntanza terá lugar este venres 17 de Xullo, no Local Social das Pozacas, (Cerqueda), e poderán informarse da mesma contactando con Noelia no 660 649 439. As categoría son as que abranguen dende prebenxamín ata xuvenil. 

 

SD Fisterra, (3ª División)

Asemblea Xeral de socios tempada 2019/20, venres 17 de Xullo no salón de plenos do Concello de Fisterra ás 20:00 horas en primeira convocatoria, 20:30 horas en segunda convocatoria. Orde do día : 1.- Lectura e aprobación se procede da asemblea anterior. 2.- Balance deportivo tempada 2019/2020 3.- Balance económico tempada 2019/2020 4.- Planificación tempada 2020/2021 5.- Rogos e preguntas.

SD Laxe, (3ª da Costa)

Jorge, xogador do equipo laxense manda un “S.O.S.”,ao pobo de Laxe na procura de que o clube non desapareza o non aparecer ninguén que se faga cargo tras deixar a anterior diretiva, como xa avisou tras rematar a tempada e na asemblea de fai unhas semanas : “A SD Laxe necesita axuda. Non hai ninguen que queira facerse cargo do clube. Os xogadores arrimaremos o lombo e o que faga falta pero necesitamos axuda da xente do pobo ou isto morre e sería unha magoa. Si sabedes de alguen que estea interesado avisadenos e tentaremos axudar no que estea na nosa man xa que a meirande parte do plantel traballa en Coruña de luns a venres e é imposible para nós…Forza SD Laxe“.

 

SD Camelle, (3ª  da Costa)

O pasado sábado 11 de Xullo o equipo camellán tivo unha primeira toma de contacto cos seus xogadores, cunha churrascada por medio, gardando as medidas de seguridade do COVID-19, e nela xa se puideron ver varias caras novas que con toda probabilidade algúns formarán parte do equipo para a vindeira tmpada. Nela estivo igualmente o adestrador José Manuel Ordóñez que continuará dirixindo o equipo.

 

CF Dumbría, (1ª Galicia G2)

O clube dumbriés trala fichaxe de Baba, da que vos demos contada información, anúncianos a chegada de Juan Fuentes, procedente o SCD Mlpica e así o contan : “Contentos de poder contar cun xogador que de seguro aportará solidez e contundencia na xoven defensa Dumbriesa. Procedente do Malpica, chega ó equipo con gañas de amosar o seu millor nivel.Gracias por confiar en nós e moita sorte”. Un importante reforzo para a zaga dumbriesa.

 

CF Castrelo, (3ª da Costa)

Dende o CF Castrelo anúnciannos a continuidade do adestrador Sergio “Crejo”, volve Víctor Lema, o ano pasado tras unha grave lesión axudou na diretiva o presidente Estevo Carballo. No que se refire as renovacións, seguirá un ano máis o incombustible, Luis Roget, Luis “Capote”, Gustavo Freire, e Miguel, nun capítulo de renovacións que ainda non está pechado. Desta volta tamén nos confirman a incorporación de 3 fichaxes : Javier Oreiro, Chavico e Felipe, que proceden do CD Baíñas.

 

CF Lira, (Liga da Costa)

O vindeiro, sábado 18 de Xullo, o clube liracho levará a cabo a Asemblea Xeral de Socios que terá lugar no campo de fútbol de Lombáns, (Carnota), cumplindo coas medidas de seguridade pertinentes, sendo obrigatorio o uso de mascarillas, e do xel hidroalcólico, en primeira convocatoria ás 19:00 horas e media hora máis tarde en segunda. Farase balance da tempada pasada no deportivo e no económico e tratarase do uso e aproveitamento do Campo de Fútbol de Portocubelo, así coma o apartado para os socios de “Rogos e preguntas”.

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es/colaboradores/clubes

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.