ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO FÚTBOL DA COSTA :

 

Coma tódolos anos por este tempo irémosvos traendo tódalas novas que nos envían os clubes, (e os nosos colaboradores), sobre os seus movementos nesta época estival. Iremos poñendo aquelas novas que nos mandan as diferentes canles de ontacto conosco, (correo, tlf, whatsapp, etc), ou nas que nos etiquetan nas suas redes sociais, para que non haxa aquelo de que : “poñedes duns e doutros non”, polo que durante o día podedes entrar de novo na noticia, xa que iremos actualizando cas que nos vaian chegando.

FÚTBOL
.
.
Atlético Peririña, (3ª da Costa)
.
Confírmannos a volta do Atlético Pereiriña ó fútbol costeiro, unha excelente nova que axudará a paliar a deteriorada dá 3ª dá Costa, na que en principio, cando se reinicie a competición contará co equipo da parroquia ceense de Pereiriña, así coma o veciño SD Ameixenda, SD Laxe, SD Camelle, Sporting Seaia CF, CF Castrelo, CF Porteño, UD Corcubión e o recentemente creado Xallas FC “B”. Nove equipos, aos que esperemos que se some algún máis, (o Outes CF “B”, un dos que soaba, xa confirmou que non estará), para que pareza unha liga oficial. Os de Pereiriña xa formaron a sua diretiva na que ou presidente será Francisco Castro, acompañado por : Juan Manuel Ézaro como vicepresidente, Sergio Domínguez, (secretario), Ismael Garíña, ( tesoureiro), e os vocais : Adrián Ozón, Rodrigo Santamaría, Rubén Santos, Esteban Lema, José Pérez e Antonio Soneira. Ademáis xa se coñece quen será o adestrador, o ex-meta ceense, Carlos Trillo, que xa fora presidente e xogador do clube. A maioría dos diretivos tamén serán xogadores do equipo. O clube que se retirou dá competición non 2011, nunca se chegou a retirar no espirito dos seus, e compiteu no fútbol sala afeccionado, sempre mantendo o nome.

.

.

SD Ameixenda, (3ª da Costa)

Tal e como esixe o Regulamento Electoral da SD Ameixenda, quedaron expostas na sede do club as bases por si alguén quere presentar a súa candidatura a presidencia e formar diretiva. A data límite de presentación é o xoves 16 deste mes de Xullo. Se chegado ese día non se presenta ningunha alternativa, a actual directiva seguirá a fronte do club, tal e como nos informan dende a propia entidade.

 

SD Camelle, (3ª  da Costa)

O vindeiro sábado 11 de Xullo terá lugar no campo do “Rodeiro” terá lugar a Asemblea Xeral de Socios do SD Camelle en primeira convocatoria ás 19:30 horas e media hora máis tarde en segunda, coas prevencións pertinentes polo COVID-19. Nela farase balance deportivo da pasada tempada no apartado económico e deportivo e darase conta dos trocos que poida haber na diretiva, así coma os habituais “Rogos e preguntas”.

 

CF Dumbría, (3ª División1ª Galicia G2)

O clube dumbriés anúncianos a contratación do senegalés de 31 anos, Papa Babacar Fall “Baba”, un mediocampista de corte defensivo moi coñecido na costa xa que xogou en equipos coma o Baiñas, Soneira, Xallas, Malpica, Ponteceso ou Laracha, por nomear algúns dos equipos da sua dilatada carreira no fútbol afeccionado. Días atrás os de Dumbría recuperaban ao xove medio Brais Fernández tras un ano nas filas do Victoria CF xuvenil da Liga Nacional, na que adquireu experienza para dar o salto o fútbol senior  amosar de novo a sua calidade no clube dumbriés no cal se formou na base.

 

CF Castrelo, (3ª da Costa)

Unha volta e 4 renovacións no equipo da parroquia vimiancesa de Castrelo. Volve Víctor Lema tras superar a grave lesión de fai duas tempadas, ainda que non se desvinculou de todo do clube xa que axudou na diretiva o presidente Esteban Carballo. No que se refire as renovacións, seguirá un ano máis o incombustible, Luis Roget, o xogador máis lonxevo en activo nas ligas federadas da costa de fútbol afeccionado, con estarán un ano máis Luis “Capote”, Gustavo Freire, e Miguel, nun capítulo de renovacións que ainda non está pechado.

 

SD Ponteceso, (Liga da Costa)

Renovan unha tempada máis polo clube da “Vila de Pondal”, dous dos seus capitáns, Nando Varela e Mendieta, que para catalogalos basta con ver o que pensan deles no clube : “Compromiso, carácter, personalidade e corazón deste equipo, dous que levan vestindo con orgullo esta camiseta durante moitos anos, nos peores e mellores momentos”. Duas pezas clave para un dos grandes da costa e que a tempada pasada se quedou as portas de loitar polo ascenso direto polo COVID-19.

 

CD Baio, (1ª Galicia G2)

O clube baiés no que Pablo Torreira seguirá de adestrador, xa renovou a Martín MC, Bieito e Manu Santiso e este pasado sábado tivo festa de despedida da tmpada 2019/20, (gardando e cumprindo as medidas oportunas da situación que vivimos), cunha churrascada e o Dúo D´Festa para amenizala. Unha situación inmellorable para falar do próximo ccurso do clube, un ano máis na 1ª Galicia G2.

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es/colaboradores/clubes

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.