ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO FÚTBOL DA COSTA :

 

Coma tódolos anos por este tempo irémosvos traendo tódalas novas que nos envían os clubes, (e os nosos colaboradores), sobre os seus movementos nesta época estival. Iremos poñendo aquelas novas que nos mandan as diferentes canles de ontacto conosco, (correo, tlf, whatsapp, etc), ou nas que nos etiquetan nas suas redes sociais, para que non haxa aquelo de que : “poñedes duns e doutros non”, polo que durante o día podedes entrar de novo na noticia, xa que iremos actualizando cas que nos vaian chegando. 

 

FÚTBOL

 

CF Mazaricos, (1ª Galicia G2)

Máis renovacións no equipo mazariquense coas do xogador de Fornís, Kevin que seguirá aportando a sua rapidez, Pose, un central contundente con gran xogo aéreo. Mario, xogador rapidísimo con moito pulmón e Joseph, mediocampista con moito poderío físico, que se unen as xa realizadas de : Borja, José Ángel, Pereiro, Estéfano e Ricardo e a volta de :  Chiki, Rachón, Alberto “Villa”, Raúl de Atán, Moli, Sandelo, Ferreiro, Marcos de Arcos, Iván Baña, Oscarín, e o xalleiro, Chrístian Caamaño.

 

SD Ameixenda, (3ª da Costa)

Javichu será o adesstrador do equipo da parroquia ceense de Ameixenda en detrimento de Julio Vila, todo esto a espera da asemblea deste sábado, importantísima para o futuro do cube. Na que ademáis de facer balance deportivo abrirase o prazo para unha nova diretiva. A diretiva actual non deixa o clube pero cúmprense os 4 anos de mandato e por lei abrirán o prazo a presentación de todo aquel que queira dirixir o clube. Logo dependendo dos candidatos que se presenten levarase a cabo a elección, ou haberá continuidade.

 

SD Camelle, (3ª  da Costa)

O vindeiro sábado 11 de Xullo terá lugar no campo do “Rodeiro” terá lugar a Asemblea Xeral de Socios do SD Camelle en primeira convocatoria ás 19:30 horas e media hora máis tarde en segunda, coas prevencións pertinentes polo COVID-19. Nela farase balance deportivo da pasada tempada no apartado económico e deportivo e darase conta dos trocos que poida haber na diretiva, así coma os habituais “Rogos e preguntas”.

 

SD Ponteceso, (Liga da Costa)

Mañán venres 3 de Xullo a partires das 20:30 horas, terá lugar no Municipal “O Pinguel”, a Asemblea Xeral de socios da SD Ponteceso, cos segiuintes asuntos a tratar : Balance económico tempada 19-20, Presuposto tempada 20-21, Balance deportivo da pasada tempada e planificación da vindeira, para rematar cos “Rogos e preguntas”.

SD Soneira, (1ª Galicia G2)

Dous reforzos para o SD Soneira, que xa confirmou fai unhas semanas as renovacións do técnico Pedro Gómez e o seu segundo, Sergio “Pichón”. Os primeiros reforzos son os do central carnotán, Jano, procedente do Volantes de Baño CF e o malpicán  Fernando Varela que chega dende o Xallas FC.

 

SCD Buño, (Liga da Costa)

Comezan as renovacións no clube “oleiro” coas de : Zinho, Juan, Miguel e Fran. No que se refie a fichaxes o clube anunciou fai un par de semanas a de Juanma.

 

Muxía CF, (Liga da Costa)

O equipo da “Vila da Barca” sgue cas renovacións e neste caso é a doutro dos grandes homes do equipo, Manu Nogueira, que tras sair do equipo muxián na base, enrolouse no Bergantiños CF do que pasou ao RC Dportivo ata xogar no Fabril e voltar ó clube bergantiñán, e seguir periplo no Cerqueda, para chegar o Muxía CF de novo para quedarse. Tamén renovaron no clube muxián :  Diego Lobelos, Óscar Leis, Luis Romaní no apartado de técnicos, así coma os xogadores : Adrián Alcaina, Jose Sar “Conguito”, Tati, Julián e Mauro, ademáis das fichaxes do meta fisterràn Joselu, o dianteiro vimiancés “Fran-chute”, e a volta de Sergio “Peski”.

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es/colaboradores/clubes

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.